O sábado 1 de outubro no Centro Don Bosco xunto con equipo de esports Kings Dragon imos a organizar o BoscoXoga.
Un evento xuvenil e familiar cheo de actividades para todas as idades, nas que mesturamos gaming, xogos tradicionais e deportes alternativos.
A apertura do evento será as 16:00 e rematará as 20:00, e teremos tres espazos diferenciados:
– Gaming: Un espazo para xogar a videoxogos como o Smash Bros, Mario Kart ou Nintendo Sports, unha oportunidade de xogar con outras persoas, pasar un bo rato e compartir aficións dunha forma sa.
– Xogos tradicionáis: Queremos manter vivos os xogos máis tradicionáis, e teremos un lugar onde poder participar e reconectar ou descubrir formas de xogo case esquecidas.
– Deportes alternativos: Existen moitas formas de facer deportes, pero moitas delas son descoñecidas, polo que queremos poñer en valor deportes máis minoritarios que permitan a inclusión e participación.
É un evento completamente gratuito, no que o único que tedes que traer é ilusión por pasalo ben, xogar e divertirse.
Vémonos o sábado!

