O Centro Don Bosco realizará durante o periodo vacacional do Nadal actividades infantís para nenos e nenas de 4 a 14 anos e xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos, durante as mañás do 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2022 e do 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2023. Actividades educativas apropiadas para pasar mellor o Nadal: obradoiros, actividades musicais, xogos… en grupo e acompañados permanentemente por monitores de xeito que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer de calidade.
ACTIVIDADES DE NADAL
Haberá programas diferentes en función dos grupos de idade, con monitorado diferente e con espazos separados. As actividades desenvolveranse nas instalación, patios, canchas deportivas e zonas verdes do Centro Don Bosco e na programación contemplamos saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas as instalacións.
1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE
- Para rapazas e rapaces 4 a 8 anos (nacidos entre 2018 e 2014)
2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas 8 a 14 anos (nacidos entre 2013 e 2008)
3. MAÑÁS XUVENÍS INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos (nacidos entre 2007 e 2005)
Datas:
- Completo: 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2022 e do 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2023
- Quenda 1 – NADAL: 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2022
- Quenda 2- ANO NOVO: 2, 3, 4, e 5 de xaneiro de 2023
Horarios:
- Actividade: de 9:00 a 14:00. Entradas de 9:00 a 10:00 e saída de 13:30 a 14:00.
- Madrugadores: de 7:45 a 9:00
- Atención ao mediodía: de 14:00 a 15:00
Cuotas
|
ACTIVIDADES BOSCO NADAL – (4 a 17 anos) |
Non Socios |
Socios |
|
Actividade completa |
95 € |
80 € |
|
Quenda 1 – NADAL (decembro – 6 días) |
72 € |
58 € |
|
Quenda 2 – ANO NOVO (xaneiro – 4 días ) |
48 € |
38 € |
- Desconto por irmáns: 5€ por cada un, 3€ no caso dos socios, no total da actividade. Non aplicable a quendas soltas.
- Desconto de familia numerosa: Si se acredita familia numerosa os participantes na actividade terán consideración de socios a efecto de cuotas.
SERVIZOS
Madrugadores: de 7.45 a 9.00 (este ano non serviremos almorzos).
Atención ao mediodía: de 14:00 a 15.00 (os/as nenos/as deberán traer algo que poidan consumir de modo individual e que se poderá quentar no microondas).
Prezos:
|
SERVIZOS BOSCO NADAL |
Madrugadores SEN almorzo |
Atención mediodía |
|
Actividade completa |
26 € |
26 € |
|
Quenda 1 (decembro – 7 días) |
18 € |
18 € |
|
Quenda 2 (xaneiro – 4 días ) |
12 € |
12 € |
INSCRICIÓN
- Online (Recomendado): cubrindo o noso Formulario Inscrición Bosco Nadal
- Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de 9:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:00, de luns a venres.
- Prazas limitadas e inscricións ata completar aforos en todos os programas.
Para formalizar a inscrición será necesario e imprescindible presentar a seguinte documentación:
- Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Copia do DNI do pai, nai ou titor
- Copia do DNI das persoas autorizadas a recoller ao participante
- Xustificante de pagamento de, como mínimo, a metade da couta
- Documento xustificativo de familia numerosa de ser o caso
Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:
- Ingresando no número de conta do na conta da ETL Don Bosco no Banco Santader ES56 0075 8916 5206 0031 4739 indicando no concepto o nome do participante.
- Accedendo á pasarela de pagamento virtual
- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
A TER EN CONTA
Os/as socios/as son aqueles que participaron nalgunha das actividades do centro ao longo do curso 2021-2022 (GS Khanhiwara, Espazo Lúdico, +Q Apoio Escolar)
En todas as actividades se realiza un descanso no que os/as participantes podan merendar, por iso os nenos e nenas deberán traer unha merenda e unha botella de auga. Este ano non se poden compartir os alimentos así que cada neno/a deberá traelo de forma individual. Non teremos posto de venda na cafetería, polo que será obrigatorio traer algo de merenda e deixar o diñeiro na casa.
Para os nenos/as do grupo de pequenos que veñen este ano por primeira vez a actividade é obrigatorio traer o primeiro día unha muda para que quede no centro.
Agradecemos que a roupa dos/as nenos/as veña marcada.

