Xa é posible inscribirse para as actividades de conciliación familiar que se levaran a cabo no centro Don Bosco nas vindeiras vacacións de Entroido.
Actividades
Haberá programas diferentes en función dos grupos de idade, con monitores diferentes, con espazos separados e con preferencia en actividades ao aire libre. As actividades desenvolveranse nas instalación, patios, canchas deportivas e zonas verdes do Centro Don Bosco e na programación contemplamos saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas as instalacións.
1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE
- Para rapazas e rapaces 4 a 8 anos (nacidos entre 2019 e 2015)
2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas 8 a 14 anos (nacidos entre 2014 e 2009)
3. MAÑÁS XUVENÍS INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos (nacidos entre 2008 e 2006)
Datas
- 20, 21 e 22 de febreiro de 2022
Horarios
- Actividades infantís, primaria e eso e xuvenís: de 9,00 a 14,00h.
- Madrugadores: de 7,45 a 9,00h.
- Atención ao mediodía: de 14,00 a 15,00h.
Cuotas
|
CUOTAS |
ACTIVIDADE |
SERVIZOS |
||
|
Non Socios |
Socios |
Madrugadores |
Atención ao mediodía |
|
|
Todo |
35 € |
28 € |
8 € |
8 € |
|
Días Soltos |
13 € |
10 € |
3 € |
3 € |
- Desconto por irmáns: 3€ por cada un, 2€ no caso dos socios, no total da actividade. Non aplicable a días soltos.
- Desconto de familia numerosa: Si se acredita familia numerosa os participantes na actividade terán consideración de socios a efecto de cuotas.
Inscrición
- Online: accedendo ao Formulario Inscrición Mañás de Entroido
- Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de luns a venres de 9:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Formalizar matrícula
Para formalizar a matrícula e reservar a praza é condición imprescindible realizar o pagamento e a entrega da documentación.
Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:
- Ingresando no número de conta do na conta da ETL Don Bosco no Banco Santader ES56 0075 8916 5206 0031 4739 indicando no concepto o nome do participante.
- Accedendo á pasarela de pagamento virtual (Bizum ou tarxeta)
- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
Documentación
A documentación necesaria será:
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a do/a participante.
- Fotocopia do DNI de todas as persoas autorizadas a recoller aos/ás participantes.
- Documento acreditativo de familia numerosa de ser o caso
- Xustificante de pagamento, no caso de facelo por transferencia bancaria
A ter en conta
Os/as socios/as son aqueles que participaron nalgunha das actividades do centro ao longo do curso 2022-2023 (GS Khanhiwara, Espazo Lúdico, +Q Apoio Escolar)
En todas as actividades se realiza un descanso no que os/as participantes podan merendar, por iso os nenos e nenas deberán traer unha merenda e unha botella de auga. Este ano non se poden compartir os alimentos así que cada neno/a deberá traelo de forma individual. Non teremos posto de venda na cafetería, polo que será obrigatorio traer algo de merenda e deixar o diñeiro na casa.
Para os nenos/as do grupo de pequenos que veñen este ano por primeira vez a actividade é obrigatorio traer o primeiro día unha muda para que quede no centro.
Agradecemos que a roupa dos/as nenos/as veña marcada.

