Xa temos a data para a cuarta Xornada de Rugby Inclusivo para a tempada 22-23.
Será o domingo 5 de febreiro dende as 12:00 ata as 14:00 no Campo de Fútbol de Belvís e cun tercer tempo no Centro Don Bosco no que xantaremos todos/as xuntos/as e compartiremos un espazo diferente para coñecernos.
Durante a xornada se realizarán diferentes actividades e xogos co rugby, empregando o #MixedAbilityRugby, é dicir, promovendo un modelo de participación donde todo xogador ou xogadora sexa igual no xogo. Nas mesmas, se coidará a calidade relacional das persoas e ofrecerá un espazo seguro de actividade deportiva onde se controle o nivel de contacto para minimizar ao máximo o risco de lesión.
As prazas serán limitadas polo que recomendámovos que vos apuntedes o antes posible, simplemente debedes de cubrir o seguinte formulario. Se tiverades algunha dúbida podedes contactar por vía teléfonica ou WhatsApp ao 711 701 030 ou contactando por correo ao tuxeleiresrugbi@gmail.com
Animádevos a participar!

