O Centro Don Bosco, en colaboración co Espazo de Lecer María Miramontes e o Centro Sociocultural de Fontiñas, realizará o próximo sábado 18 de febreiro un desfile e festa de Entroido polos barrios de San Pedro e Fontiñas, no que poderán participar tanto menores como adultos.
A temática do mesmo será a da película dos anos 80 “Fama”, dando vida desta forma a unha festa Rechamangueira na que disfrutar nun ambiente familiar.
Os participantes percorrerán as rúas dos barrios dende o centro Don Bosco ata o centro comercial Área Central, onde se rematará cunha festa amenizada con DJ e bailes.
No caso de choiva os participantes acudirán directamente a Área Central para a celebración da festa final.
Data e horarios
- Sábado 18 de febreiro de 2023.
- Comezo do desfile ás 17:00 no centro Don Bosco.
- Remate e recollida dos/as participantes no soto (-1) de Área Central ás 19:00.
Inscrición
A participación no desfile é de balde, pero será preciso inscribirse no Formulario Inscición Desfile de Entroido.
Elaboración do disfraz
Ademais, o xoves 16 de 18:30 a 19:30 faremos un obradoiro de complementos para acompañar o disfraz, e precisaremos que os nenos e nenas que queiran participar na actividade, traian unha camiseta vella que poidan pintar e recortar, e/ou unhas mallas/leggings ou pantalóns vellos para elaborar os accesorios.

