O Centro Don Bosco realizará durante o periodo vacacional de Semana Santa actividades infantís para nenos e nenas de 4 a 14 anos e xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos, durante as mañás do 3, 4, 5 e 10 de abril de 2023. Actividades educativas apropiadas para pasar mellor as vacacións de semana santa: obradoiros, actividades musicais, xogos… en grupo e acompañados permanentemente por monitores.
ACTIVIDADES DE SEMANA SANTA
Haberá programas diferentes en función dos grupos de idade, con monitores diferentes, con espazos separados e con preferencia en actividades ao aire libre. As actividades desenvolveranse nas instalación, patios, canchas deportivas e zonas verdes do Centro Don Bosco e na programación contemplamos saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas as instalacións.
1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE
- Para rapazas e rapaces 4 a 8 anos (nacidos entre 2019 e 2015)
2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas 8 a 14 anos (nacidos entre 2014 e 2006)
3. MAÑÁS XUVENÍS INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos (nacidos entre 2008 e 2006)
Datas:
- 3, 4, 5 e 10 de abril de 2023
Horarios:
- Actividades: de 9:00 a 14:00. Entradas de 9:00 a 10:00 e saídas de 13:30 a 14:00.
- Madrugadores: de 7:45 a 9:00
- Atención ao mediodía: de 14:00 a 15:00
Cuotas
|
CUOTAS |
ACTIVIDADE |
SERVIZOS |
||
|
Non Socios |
Socios |
Madrugadores |
Atención ao mediodía |
|
|
Todo |
45 € |
36 € |
11€ |
11€ |
|
Días Soltos |
13 € |
10€ |
3€ |
3€ |
- Desconto por irmáns: 3€ aos non socios e de 2€ aos socios, no total da actividade (non aplicable a días soltos).
- Desconto de familia numerosa: Si se acredita familia numerosa os participantes na actividade terán consideración de socios a efecto de cuotas.
SERVIZOS
Madrugadores: non serviremos almorzos, pero creamos un espazo de xogo para facilitar a conciliación familiar.
Atención ao mediodía: No servizo de mediodía os nenos e nenas seguirán atendidos nos espazos de xogos e actividades, pero non poderemos dar o servizo de comedor.
INSCRICIÓN
- Online (Recomendado): cubrindo o noso Formulario Inscrición Mañás de Semana Santa
- Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 19, de luns a venres.
- Prazas limitadas e inscricións ata completar aforos en todos os programas.
Para formalizar a inscrición será necesario e imprescindible presentar a seguinte documentación:
- Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Copia do DNI do pai, nai ou titor
- Copia do DNI das persoas autorizadas a recoller ao participante
- Documento acreditativo de familia numerosa de ser o caso
- Xustificante de pagamento de, como mínimo, a metade da couta.
Para realizar o pagamento existen 3 posibilidades:
- Ingresando no número de conta da ETL Don Bosco no Banco Santader ES56 0075 8916 5206 0031 4739 indicando no concepto o nome do participante.
- Accedendo á pasarela de pagamento virtual (tarxeta ou bizum)
- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
A TER EN CONTA
Os/as socios/as son aqueles que participaron nalgunha das actividades do centro ao longo do curso 2022-2023 (GS Khanhiwara, Espazo Lúdico, +Q Apoio Escolar)
En todas as actividades se realiza un descanso no que os/as participantes podan merendar, por iso os nenos e nenas deberán traer unha merenda e unha botella de auga. Este ano non se poden compartir os alimentos así que cada neno/a deberá traelo de forma individual. Non teremos posto de venda na cafetería, polo que será obrigatorio traer algo de merenda e deixar o diñeiro na casa.
Para os nenos/as do grupo de pequenos que veñen este ano por primeira vez a actividade é obrigatorio traer o primeiro día unha muda para que quede no centro.
Agradecemos que a roupa dos/as nenos/as veña marcada.

