O Bosco Verán 2023 xa está en marcha! O Centro Don Bosco realizará durante o todo o verán un programa completo de actividades infantís para nenos e nenas de 4 a 14 anos, e xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos.
O noso obxectivo é que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer rico e de calidade, cun enfoque lúdico e educativo, porque queremos seguir aprendendo e interiorizando a través do xogo, dos obradoiros, da música, da expresión e das actividades deportivas os valores da convivencia, o compañeirismo, a ledicia, a cooperación e a igualdade.
Ofrecemos programas diferentes según a idade dos/as participantes e cada programa disporá dun equipo de monitores/as propio e de espazos diferenciados, As actividades desenvolveranse principalmente nos patios, canchas deportivas e zonas verdes do centro, e na programación contemplamos saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas ás instalacións.
- RESUMO BOSCO VERÁN
- HORARIOS DAS ACTIVIDADES E SERVIZOS
- XUÑO E XULLO
- AGOSTO (1ª Quincena)
- FIN DE AGOSTO E SETEMBRO
- DESCONTOS
- INSCRICIÓN E FORMAS DE PAGAMENTO
- A TER EN CONTA
RESUMO BOSCO VERÁN 2023
Documento con breve resumo das datas, actividades, idades e prezos do Bosco Verán 2023 dispoñible para descargar en pdf
Máis información sobre a inscrición e formas de pagamento
HORARIOS PARA TODAS AS ACTIVIDADES E SERVIZOS
Actividades de Mañá de 9:00h a 14:10. Entrada entre as 9:00 e as 10:00 e recollida de 13:30 a 14:10.
Servizos:
- Servizo de madrugadores de 7.45 a 9.00 (Non serviremos almorzos).
- Atención ao mediodía de 14:10 a 15.30 (Ofrecemos o servizo habitual, os nenos/as poderán traer algo que poidan consumir de modo individual e que se poderá quentar no microondas).
- Atención a mediodía extendida de 15.30 a 17.00
| Madrugadores | Atención ao mediodía | Atención ao mediodía extendida | |
| Prezo por Quenda | 14€ | 14€ | 14€ |
XUÑO E XULLO (do 22 de xuño ao 28 de xullo)
1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE
- Grupo PEQUENOS: nenos e nenas 4 a 6 anos (nacidos entre 2017 e 2019)
- Grupo MEDIANOS: nenos e nenas 6 a 8 anos (nacidos entre 2015 e 2016)
2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE
- Grupo de MAIORES 1: nenos e nenas 8 a 11 anos (nacidos entre 2012 e 2014)
- Grupo de MAOIRES 2: nenos e nenas 11 a 14 anos (nacidos entre 2009 e 2011)
Calendario:
- Quenda Q1: 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 xuño
- Quenda Q2: 3, 4, 5, 6 e 7 de xullo
- Quenda Q3: 10, 11, 12, 13 e 14 de xullo
- Quenda Q4: 17, 18, 19, 20 e 21 de xullo
- Quenda Q5: 24, 26, 27 e 28 de xullo (*a inscrición na Q5 inclue poder participar nas actividades do luns 31 de xullo)
Prezos (xuño e xullo)
| NON SOCIOS | SOCIOS | ||
| Nº de Quendas(*) | Prezo | Nº de Quendas(*) | Prezo |
| 1 | 60€ | 1 | 48€ |
| 4 | 220€ | 4 | 175€ |
| 5 | 265€ | 5 | 205€ |
| *Q1 (7 días) | 70€ | *Q1 (7 días) | 55€ |
(*) Existen descontos asociados ao volumen de quendas selecciondas.
3. XOVENES ACTIVOS (CURSO PREMONITOR) – Xuño e Xullo INSCRÍBETE
Mozos e mozas de 14 – 17 anos.
Formación no eido do tempo libre educativo cunha duración de 20 horas teóricas e 40 horas prácticas a desenvolverse dentro do marco das nosas actividades. Ofrecemos un lugar de aprendizaxe-lúdico exclusivamente pensado para a mozidade menor de idade, un colectivo con moitas ganas de facer cousas e poucos espazos adaptados a eles/as.
Ademáis, esta formación constará dun certificado acreditativo ao finalizar o curso para demostrar o esforzo e responsabilidade dos mozos e mozas.
Crearemos dous grupos acorde ca idade que terán unha temporalidade diferente:
Xóvenes de 16 e 17 anos (nacidos máis alá do 2006):
Parte teórica: 1ª Quenda, do 22 ao 30 de xuño.
Parte práctica: Mínimo de 40 horas no mes de xullo.
Xóvenes de 14 e 15 anos (nacidos entre 2007 e 2008):
Parte teórica: 2ª Quenda, do 4 ao 7 de xullo.
Parte práctica: Mínimo de 40 horas no mes de xullo.
Nota: Durante a 1ª Quenda (22 ao 30 de xuño) terán unha programación específica de ocio antes de comezar ca parte teórica en xullo.
INSCRICIÓN: 50 EUROS
4. ACAMPADA DE CATIVOS
Actividade pensada para achegar a experiencia da acampada aos cativos. Desenvolverase no Centro Don Bosco os días:
- Cativos: 6 e 7 de xullo para nenos e nenas de 4 a 7 anos.
- Maiores: 13 e 14 de xullo para nenos e nenas de 8 a 13 anos.
- Xuvenil: 20 e 21 de xullo para mozos e mozas de 14 a 17 anos.
Comeza o xoves ás 10:00h nas Mañás no Boscoe remata ás 14:00h do venres. Durmen e comen no Centro Don Bosco.
A couta desta actividade inclúe a merenda e cea do xoves e almorzo e merenda de media mañá do venres.
Abrirase o proceso de inscrición para as acampadas durante as Mañás no Bosco
| CUOTAS | Participantes en Mañás no Bosco |
| Acampada cativos | 25 € |
AGOSTO (1ª Quincena)
1. SAN PEDRINES INSCRÍBETE
- Nenos e nenas de 4 a 8 anos (nacidos entre 2015 e 2019)
2. CAMPAMENTO URBANO INFANTIL INSCRÍBETE
- Para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos (nacidos entre o 2009 e 2014)
3. CAMPAMENTO URBANO XUVENIL INSCRÍBETE
-
- Para mozas e mozos de 14 a 17 anos (nacidos entre o 2006 e 2008)
Calendario:
- Quenda Q6: 31 de xullo, 1, 2, 3 e 4 de agosto
- Quenda Q7: 7, 8, 9, 10 e 11 de agosto
Prezos (1ª Quincena agosto):
San Pedrines
| NON SOCIOS | SOCIOS | ||
| Nº de Quendas | Prezo | Nº de Quendas | Prezo |
| 1 | 60€ | 1 | 48€ |
| 2 | 105€ | 2 | 85€ |
O CAMPAMENTO URBANO é unha actividade aberta e de balde. Non inclúe os servizos de madrugadores e mediodía e pode ter algunha xornada de saída con actividades de mañá e tardel. As familias poden colaborar voluntariamente para sufragar os gastos (agradécese calquera contribución).
FIN DE AGOSTO E SETEMBRO (do 21 de agosto ao 8 de setembro)
1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE
- Grupo PEQUENOS: nenos e nenas 4 a 6 anos (nacidos entre 2017 e 2019)
- Grupo MEDIANOS: nenos e nenas 6 a 8 anos (nacidos entre 2015 e 2016)
2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE
- Grupo de MAIORES 1: nenos e nenas 8 a 11 anos (nacidos entre 2012 e 2014)
- Grupo de MAOIRES 2: nenos e nenas 11 a 14 anos (nacidos entre 2009 e 2011)
3. MAÑÁS XUVENÍS INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos (nacidos entre 2006 e 2008)
Calendario:
- Quenda Q8: 21, 22, 23, 24 e 25 de agosto
- Quenda Q9: 28, 29, 30 e 31 de agosto e 1 de setembro
- Quenda Q10: 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro
Prezos (fin de agosto e setembro):
| NON SOCIOS | SOCIOS | ||
| Nº de Quendas | Prezo | Nº de Quenda | Prezo |
| 1 | 60€ | 1 | 48€ |
| 2 | 105€ | 2 | 85€ |
| 3 | 135€ | 3 | 105€ |
DESCONTOS
Existen descontos por maior número de quendas seleccionadas (indicados nas táboas de prezos)
Aplícanse descontos por irmáns á totalidade de cada bloque de actividade (xuño e xullo / 1ª quincena de agosto / fin de agosto e setembro), excluíndo quendas soltas, de 5€ para non socios e de 3€ para socios.
As familias numerosas serán consideradas socias a efectos de cuotas.
INSCRICIÓN E FORMAS DE PAGAMENTO
- Online (Recomendado): cubrindo o noso Formulario de inscrición online
- Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 19, de luns a venres.
- Prazas limitadas e inscricións ata completar aforos en todos os programas.
Para formalizar a inscrición será necesario e imprescindible presentar a seguinte documentación:
- Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Copia do DNI do pai, nai ou titor
- Copia do DNI das persoas autorizadas a recoller ao participante
- Xustificante de pagamento de, como mínimo, a metade da couta.
Para realizar o pagamento existen tres posibilidades:
- Ingresando no número de conta do Centro Don Bosco en Abanca ES05 2080 0300 84 3040109663 indicando no concepto o nome do participante.
- Accedendo á pasarela de pagamento virtual (tarxeta ou bizum)
- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
Por motivos organizativos, as baixas comunicadas despois do 21 de xuño non teñen dereito a recuperación da cota.
Ningún neno/a sen actividades
Atendendo ao noso lema becamos casos particulares sempre que sexa posible e necesario.
Se algunha familia quere colaborar con nós para facer realidade esta opción, pode facelo na conta do Centro Xuvenil nº ES05 2080 0300 84 3040109663 ou entregar os donativos no propio centro
A TER EN CONTA
Os/as socios/as son aqueles que participaron nalgunha das actividades do centro ao longo do curso 2022-2023 (GS Khanhiwara, Espazo Lúdico, +Q Apoio Escolar)
– En todas as actividades se realiza un descanso no que os/as participantes podan merendar, por iso os nenos e nenas deberán traer unha merenda e unha botella de auga.
– Non teremos un posto de venda na cafetería, polo que será obrigatorio traer algo de merenda e deixar o diñeiro na casa.
– Para os/as nenos/as do grupo de pequenos que veñen este ano por primeira vez á actividade é recomendable traer o primeiro día unha muda marcada para que quede no centro.
– Todos/as os/as participantes deberán traer na súa mochila unha gorra.
– Agradecemos que a roupa dos/as nenos/as veña marcada.
Podes seguir as nosas recomendacións para acceder ao Centro Don Bosco en coche.
Os grupos por idades poden sufrir variacións en función da demanda nas inscricións.
O luns 19 de xuño ás 19:30 farase unha reunión online previa para as familias que desexen máis información ou resolver algunha dúbida. A xuntanza convocarare por correo electrónico e a participación será en modo online.

