Queremos rematar o curso cunha actividade diferente e chea de opcións de ocio para familias, infancia e xuventude, un encontro onde haberá diferentes espazos e actividades, hinchables, obradoiros ou xogos populares; pero tamén queremos mesturar con outras formas de ocio, como videoconsolas ou deportes alternativos.
Será o sábado 17 de xuño de 17:00 a 20:00.
Teremos:
– Obradoiros de manualidades.
– Xogos populares.
– Hinchables para os máis peques.
– Espazo con videoxogos
– Deportes alternativos: Jugger e kinball
– Torneo Pokemon VGC*
Un espazo único onde as diferentes formas ocio converxen nunha actividade lúdica para todas as idades.
Vide a rematar o ano escolar con nós e darlle a benvida ao verán da mellor forma posible.
*O Torneo de Pokemon VGC comezará ás 11:00 pero as inscripcións serán dende as 10:00 (revisade a información online), e será necesario traer switch propia, xogo e equipo Pokemon para competir.


