Este próximo domingo 11 de xuño realizaremos unha camiñada desde o Centro Don Bosco ata o Monte do Gozo para compartir unha xornada de xantar, xogos e música coas familias Ucraínas que viven alí.
Estades todos convidados!!!
Quen queira ir camiñando deberá estar ás 11h no Centro Don Bosco.
A camiñada será de aproximadamente dúas horas e pasaremos pola senda mitolóxica do monte Viso.
Traer auga e roupa de camiñar.
Os que non se animen e queiran compartir o xantar, a música e xogos, atoparémonos ás 13h no Centro Europeo de Peregrinación Xoán Paulo II no Monte do Gozo.
Traer bebida e comida para compartir no xantar e algo para a merenda.
Para realizar a inscriciín é preciso cumplimentar o Formulario de inscrición Camiñada e Xuntanza pola paz

