As participantes de Tardes no Bosco poderán disfrutar dunha xornada de actividades con velada nocturna e durmida no centro Don Bosco que servirá como colofón as actividades deste curso escolar xusto antes do comezo da campaña de verán.
Destinatarios
Nenas e nenos de máis de 6 anos (nacidos en 2016) participantes en Tardes no Bosco.
Data
- Do venres 16 ao sábado 17 de xuño
Horarios
- Chegada dos participantes: venres 16/06 a partir das 16:30 e incorporación as actividades de Tardes no Bosco.
- Recollida dos participans: sábado 17/6 ás 13:00.
A merenda do venres e o almorzo do sábado será proporcionado polo propio centro, pero non así a cea do venres que a terán que traer os participantes.
Material a traer na mochila
- Roupa e calzado cómodo para ambos días
- Roupa de muda
- Neceser: cepillo de dentes, dentífrico, xabón
- Toalla
- saco de durmir
- linterna (opcional)
- Gorra
- Chuvasqueiro
- Medicamentos (se fóra necesario e coas indicacións de tomas)
- Cea do venres
Inscrición
Para inscribirse será preciso cumplimentar o Formulario Inscrición Noite no Bosco antes do día 14 de xuño.

