A Federación Autismo Galicia e a Escola de Tempo Libre Don Bosco veñen de dar un paso máis nas actividades de colaboración que ambas as entidades puxeron en marcha este ano.
No marco do “Proxecto Rumbo: cara a un modelo de autonomía persoal conectado e inclusivo”, ambas entidades traballarán por desenvolver accións piloto que axuden a definir modelos que permitan ás persoas con TEA participar en actividades de lecer e tempo libre comunitario. O obxectivos é que poidan gozar das oportunidades de lecer inclusivo que ofrece a súa contorna, garantindo á súa vez unha atención especializada que cubra as necesidades de participación da comunidade.
Recentemente, a Federación Galega de Autismo desenvolveu unha acción formativa para profesionais das actividades de lecer e tempo libre sobre as características e necesidades das persoas con autismo en colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco, así, e co obxectivo común de traballar para dar resposta ás necesidades das persoas que participan en actividades de lecer e tempo libre, ambas as entidades unirán esforzos para seguir avanzando nesta liña de colaboración e avaliar os puntos de mellora no deseño e atención das persoas con TEA durante as actividades e asesorar e capacitar ao persoal especializado na coordinación e seguimento das actividades de lecer para promover unha maior inclusión das persoas con TEA nas actividades de ETL Don Bosco, xerando un modelo replicable noutras entidades e servizos.

