Como xa é habitual nas primeiras semanas de agosto no Centro Don Bosco realizamos o Campamento Urbano. Este ano percorreremos o pasado a través dos obxectos atopados nunha antiga cápsula do tempo.
1. CAMPAMENTO URBANO INFANTIL:
- Para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos (nacidos entre o 2009 e 2014) INSCRÍBETE
2. CAMPAMENTO URBANO XUVENIL:
- Para mozas e mozos de 14 a 17 anos (nacidos entre o 2006 e 2008) INSCRÍBETE
A continuación indicamos os horarios das actividades:
Horario:
9:00 Chegada participantes
10:00 Bos días e presentación da xornada
10:15 1ª parte da actividade
11:30 Pausa para merendar
12:00 2ª parte da actividade
13:30 Saída
14:00 Fin da actividade
*Os días de excursións o horario será de 9:00 a 20:00 e será imprescindible a puntualidade
Calendario:
- Día 31 de xullo (luns): iniciando a aventura
- Día 1 (martes): Visita ao Concello
- Día 2 (mércores): Descifrando o misterio
- Día 3 (xoves): Xuntanza Campamentos Urbanos (Vigo) EXCURSIÓN
- Día 4 (venres): Visita ás Piscinas de Sar (Pendentes da climatoloxía)
- Día 7 (luns): Debuxando a cidade
- Día 8 (martes): Excursión Muros-Louro EXCURSIÓN
- Día 9 (mércores): Activando o corpo
- Día 10 (xoves): Visita ás Piscinas de Sar (Pendentes da climatoloxía)
- Día 11 (venres): Pescuda
*A programación poderá sufrir modificacións debido as inclemencias meteorolóxicas
Prezo:
É unha actividade aberta e de balde na que as familias poden colaborar libre e voluntariamente para sufragar os gastos (agradecemos calquera colaboración).
Os servizos de Madrugadores, Atención ao Mediodía e Atención ao Mediodía extendido manteñen as características mencionadas en Bosco Verán 2023.
Inscrición
Ata cubrir prazas no Formulario de inscrición
Para ás excursións será obrigatorio apuntarse, sendo a data límite o día previo a cada excursión ás 14:30.

