O Centro Don Bosco, en coherencia cos seus valores e co seu compromiso coa transparencia e rendición de contas, establece a continuación unha relación de compromisos éticos de comunicación coa finalidade de transmitir á sociedade información veraz e confiable:

Polo menos unha vez ao ano informará aos seus socios, doantes e colaboradores sobre as actividades da organización.
Son requisitos para levar a cabo a comunicación de forma eficiente contar con correo electrónico institucional e páxina web propia en funcionamento, con información de todas as actividades da organización e actualizada polo menos unha vez á semana.
A organización poñerá ao dispor de quen o solicite a memoria anual de actividades e a memoria económica anual.
As campañas de publicidade, captación de fondos e información pública reflectirán de maneira fiel os obxectivos e a realidade da organización e non inducirán a erro.
Prestarase especial atención ao tratamento de asuntos que afecten á infancia e á mocidade e respectarase o dereito á intimidade dos menores.
O Centro Don Bosco asume o compromso de previr, detectar e actuar de forma contundente no seu ámbito de actuación contra calquera modalidade de violencia contra as persoas, exspecialmente menores de idade e persoas adultas en situación de vulnerarabilidade.