Realicei o meu voluntariado en Laulasmaa Kool, unha escuela dun pequeno pobo chamado Laulasmaa, a 30km da capital de Estonia. Trataba con nenos e nenas dende 1er curso (7 anos) ata 9º curso (15 anos). As miñas tarefas variaban diariamente, xa que dependían das necesidades da escola nese momento. Xeralmente, pasaba o meu tempo: editando e creando contido para as redes sociais da escola, facendo a decoración para diferentes eventos (Nadal, Primaveira, Halloween, Día da Nai, etc), ou ben simplemente estando nas clases cos nenos e nenas, ben xogando con eles no tempo libre, ou axudando en clases como as de inglés, arte, física…
Ademais, tamén tiven un par de iniciativas personais, aparte dos talleres que desenvolvín durante o curso durante os recreos, fun profesora de clases de español para alumnos e profesores. Tamén levei a cabo o “Muro da Lembranza”. unha parede no colexio no que creei un espazo no que recordar voluntarios e voluntarias do pasado e do futuro. Contactei coas pasadas voluntarias para que mediante unha foto e un breve texto resumiran a súa experiencia en Laulasmaa Kool, de xeito que toda a escola recordara a importancia destas figuras, tanto personalmente para nós, como para a sociedade.
ENTIDADE / ASOCIACIÓN: Laulasmaa Kool, EstYES
LUGAR DE REALIZACIÓN: Laulasmaa, Estonia
DATA DE REALIZACIÓN: 12/09/2022-19/006/2023
VOLUNTARIO: Julia Abelaira

