Este ano volve o torneo de voleibol solidario ao Centro Don Bosco. Un ano máis volvemos organizar esta actividade dentro da Operación Quilo, unha campaña de recollida de alimentos e productos de hixiene que se organiza dende os Centros Don Bosco de Galicia todos os nadais.
Ao igual que o ano pasado, realizaremos un torneo de voleibol solidario onde a inscripción será un quilo de alimentos ou productos de hixiene.
Será o sábado 23 e estades todos/as convidados/as a participar desta competición, e ademáis, para garantir a participación, abrimos dous tipos de inscripcións. Se sodes un equipo enteiro e queredes vir participar xuntos/as simplemente un/ha de vós ten que inscribirse quedando como responsable; e se queres participar pero non tes equipo, apuntate de forma individual e nós meteremoste nun equipo.
Participade e vide a xogar por unha boa causa!
Se tedes dúbidas podedes escribir a: bml@cxdonbosco.org
Data e horario
- Sábado 23 de decembro de 2023 (horario por determinar)
Inscrición
- Individual ou por equipo (idade mínima 18 anos)
- Aportar un quilo por participante de alimentos non perecedeiros ou productos de hixiene (no mesmo día do Torneo)
- Cubrir o formulario de inscrición (data límite o martes 12 de decembro)

