O XV Torneo solidario de fútbol sala – Operación Quilo xa está de regreso tras un par de anos de parón obligados, si estás interesado en facer equipo estas son as características:
LUGAR
- Pavillón Municipal de Apóstol Santiago – 1ª fase
- Pavillón Municipal de Fontiñas Santiago de Compostela – fase final
DATAS E HORARIOS
26 , 27, 28 e 29 decembro:
- 1ª fase: 20:00 a 23:30
30 decembro:
- fase final: 20:00 a 23:30
INSCRICIÓN (INSCRICIÓNS COMPLETAS)
- A través do Formulario do Torneo Solidario Fútbol Sala
- No Centro Don Bosco en Belvís 2, Santiago de Compostela de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00.
Aportación de 30€ por equipo + 1 quilo de alimentos por xogador. Pódese aportar antes do primeiro partido.
Prazo de inscrición: ata o sábado 23 de decembro de 2022 ás 20:00 ou ata completar número máximo de equipos
CARACTERÍSTICAS DOS EQUIPOS
15 xogadores máximo por equipo
Máximo de 12 equipos na categoría senior.
CATEGORÍA
- Senior: a partires dos 16 anos
PREMIOS
Trofeos 1º Clasificado e 2º Clasificado
Coa participación neste torneo solidario as cantidades e os alimentos serán destinados paraa campaña da Operación Quilo 2023 coa finalidade de potenciar actitudes solidarias e comprometidas coa realidade que están a vivir algunhas familias de Compostela. Colaboramos con Caritas e outras entidades sociais que se encargan do reparto final dos productos recollidos.

