Un ano máis convidámosvos a unha xornada de convivencia a fin de semana do 16 e 17 de marzo co resto do monitorado e voluntariado do centro Don Bosco. Unha xornada gratuita na que teremos espazos de ocio e distensión para non só coñecernos un pouquiño mellor, senón experimentar de primeira man o que é unha convivencia de traballo, realizando un proxecto común para a mellora da imaxe e habitabilidade das nosas instalacións.
A convivencia comezará o sábado ás 11:00 e rematará o domingo antes de xantar, ás 14:00, coa posibilidade de quedarse a durmir nas propias instalacións (neste caso será necesario traer saco de durmir).
O xantar do sábado e responsabilidade de cada un (cada un trae o seu xantar) e a cea do sábado e o almorzo do domingo corre a cargo do centro.
A data límite para inscribirse será o próximo luns 4 de marzo.
Imprescindible inscibirse no seguinte formulario

