O Centro Don Bosco ten o pracer de anunciar un novo curso de Educación Emocional o 2 e 3 de maio de 9:30 a 13:30, dirixido a monitores/as, educadores/as e profesionais do sector da educación non formal; así como calquera persoa interesada na formación deste ámbito. Este curso está deseñado para marcar unha diferenza no xeito en que abordamos a educación emocional, poñendo especial énfase en proporcionar ferramentas concretas para afrontar diversas situacións no ámbito educativo.
Obxectivos do curso:
– Incorporar a educación emocional no marco da educación non formal.
– Realzar a importancia e o valor da figura do educator/a no proceso de aprendizaxe.
– Equipar aos participantes con ferramentas e recursos prácticos para xestionar e enfrontar distintos escenarios educativos.
Datas e horarios
2 e 3 de maio de 2024 de 9:30 a 13:30

