O Bosco Verán 2024 xa está en marcha! O Centro Don Bosco realizará durante todo o verán un programa completo de actividades infantís para nenos e nenas de 4 a 14 anos, e xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos.
O noso obxectivo é que os rapaces e as rapazas gocen dun tempo de lecer de calidade, cun enfoque lúdico e educativo. Queremos fomentar valores como a convivencia, o compañeirismo, o bo trato, a cooperación e a igualdade a través do xogo, dos obradoiros, da música, da expresión e das actividades deportivas.
Ofrecemos programas diferenciados segundo a idade dos participantes, cada un cun equipo de monitores propio e espazos específicos. As actividades desenvolveranse principalmente nos patios, pistas deportivas e zonas verdes do centro, incluíndo saídas ocasionais en pequenos grupos a parques ou áreas próximas ás instalacións.
- RESUMO BOSCO VERÁN
- HORARIOS DAS ACTIVIDADES E SERVIZOS
- XUÑO E XULLO
- AGOSTO (1ª Quincena)
- FIN DE AGOSTO E SETEMBRO
- DESCONTOS
- INSCRICIÓN E FORMAS DE PAGAMENTO
- A TER EN CONTA
RESUMO BOSCO VERÁN 2024
Documento con breve resumo das datas, actividades, idades e prezos do Bosco Verán 2024 dispoñible para descargar en pdf
Máis información sobre a inscrición e formas de pagamento
HORARIOS PARA TODAS AS ACTIVIDADES E SERVIZOS
Actividades de Mañá de 9:00h a 14:10. Entrada entre as 9:00 e as 10:00 e recollida de 13:30 a 14:10.
Servizos:
- Servizo de madrugadores de 7.45 a 9.00 (Non serviremos almorzos).
- Atención ao mediodía de 14:10 a 15.30 (Non inclúe comidas, pero os/as nenos/as poderán traer algo que poidan consumir de modo individual e que se poderá quentar no microondas).
- Atención ao mediodía extendida de 15.30 a 17.00
| Madrugadores | Atención ao mediodía | Atención ao mediodía extendida | |
| Prezo por Quenda | 15€ | 15€ | 15€ |
XUÑO E XULLO (do 24 de xuño ao 31 de xullo)
1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE
- Grupo PEQUENOS: nenos e nenas 4 a 6 anos (nacidos entre 2018 e 2020)
- Grupo MEDIANOS: nenos e nenas 6 a 8 anos (nacidos entre 2016 e 2017)
2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE
- Grupo de MAIORES 1: nenos e nenas 8 a 11 anos (nacidos entre 2013 e 2015)
- Grupo de MAOIRES 2: nenos e nenas 11 a 14 anos (nacidos entre 2010 e 2012)
Calendario:
- Quenda Q1: 24, 25, 26, 27 e 28 de xuño
- Quenda Q2: 1, 2, 3, 4 e 5 de xullo
- Quenda Q3: 8, 9, 10, 11 e 12 de xullo
- Quenda Q4: 15, 16, 17, 18 e 19 de xullo
- Quenda Q5: 22, 23, 24 e 26 de xullo
- Quenda Q6: 29, 30 e 31 de xullo)
Prezos (xuño e xullo)
| NON SOCIOS | SOCIOS | ||
| Nº de Quendas(*) | Prezo | Nº de Quendas(*) | Prezo |
| 1 | 65€ | 1 | 52€ |
| 4 | 234€ | 4 | 185€ |
| 5 | 280€ | 5 | 225€ |
| 6 | 295€ | 6 | 235€ |
| Q6 (3 días) | 39€ | Q6 (3 días) | 32€ |
(*) Existen descontos asociados ao volumen de quendas selecciondas.
3. XOVENES ACTIVOS (CURSO PREMONITOR) – Xuño e Xullo INSCRÍBETE
Mozos e mozas de 14 – 17 anos.
Formación no eido do tempo libre educativo cunha duración de 20 horas teóricas e 40 horas prácticas a desenvolverse dentro do marco das nosas actividades. Ofrecemos un lugar de aprendizaxe-lúdico exclusivamente pensado para a mocidade menor de idade, creando un espazo adaptado específicamente para eles/as.
Ademáis, esta formación constará dun certificado acreditativo ao finalizar o curso para demostrar o esforzo e responsabilidade dos mozos e mozas.
Crearemos dous grupos acorde ca idade que terán unha temporalidade diferente:
Xóvenes de 16 e 17 anos (nacidos máis alá do 2007):
Parte teórica: 1ª Quenda, do 24 ao 28 de xuño.
Parte práctica: Mínimo de 40 horas no mes de xullo.
Xóvenes de 14 e 15 anos (nacidos entre 2008 e 2009):
Parte teórica: 2ª Quenda, do 1 ao 5 de xullo.
Parte práctica: Mínimo de 40 horas no mes de xullo.
Nota: Durante a 1ª Quenda (24 ao 28 de xuño) terán unha programación específica de ocio antes de comezar ca parte teórica en xullo.
INSCRICIÓN: 60 EUROS
4. ACAMPADA DE CATIVOS
Actividade pensada para achegar a experiencia das acampadas aos cativos/as. Desenvolverase no Centro Don Bosco os días:
- Cativos: 4 e 6 de xullo para nenos e nenas de 4 a 7 anos.
- Maiores: 18 e 19 de xullo para nenos e nenas de 8 a 13 anos.
- Xuvenil: 18 e 19 de xullo para mozos e mozas de 14 a 17 anos.
Comeza o xoves(martes no caso dos xuvenís) ás 10:00h nas Mañás no Bosco e remata ás 14:00h do venres(mércores no caso dos xuvenís). Durmen e comen no Centro Don Bosco.
A cuota desta actividade inclúe a merenda e cea do xoves e o almorzo e merenda de media mañá do venres.
Abrirase o proceso de inscrición para as acampadas durante as Mañás no Bosco.
| CUOTAS | Participantes en Mañás no Bosco |
| Acampadas | 28 € |
AGOSTO (1ª Quincena)
1. SAN PEDRINES INSCRÍBETE
- Nenos e nenas de 4 a 8 anos (nacidos entre 2016 e 2020)
2. CAMPAMENTO URBANO INFANTIL INSCRÍBETE
- Para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos (nacidos entre o 2010 e 2015)
3. CAMPAMENTO URBANO XUVENIL INSCRÍBETE
-
- Para mozas e mozos de 14 a 17 anos (nacidos entre o 2007 e 2009)
Calendario:
- Quenda Q7: 1 e 2 de agosto.
- Quenda Q8: 5, 6, 7, 8 e 9 de agosto.
- Quenda Q9: 12, 13 e 14 de agosto.
Prezos (1ª Quincena agosto):
San Pedrines
| NON SOCIOS | SOCIOS | ||
| Quendas | Prezo | Quendas | Prezo |
| Q7(2días) | 26€ | Q7(2días) | 20€ |
| Q8 | 65€ | Q8 | 52€ |
| Q9(3días) | 39€ | Q7(2días) | 32€ |
| 3 Quendas | 115€ | 3 Quendas | 90€ |
O CAMPAMENTO URBANO é unha actividade aberta e de balde. Non inclúe os servizos de madrugadores e atención ao mediodía, e terá algunha xornada de saída con actividades de mañá e tarde. As familias poden colaborar voluntariamente para sufragar os gastos (agradécese calquera contribución). Creemos nun ocio educativo universal e inclusivo.
FIN DE AGOSTO E SETEMBRO (do 19 de agosto ao 10 de setembro)
1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE
- Grupo PEQUENOS: nenos e nenas 4 a 6 anos (nacidos entre 2018 e 2020)
- Grupo MEDIANOS: nenos e nenas 6 a 8 anos (nacidos entre 2016 e 2017)
2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE
- Grupo de MAIORES 1: nenos e nenas 8 a 11 anos (nacidos entre 2013 e 2015)
- Grupo de MAOIRES 2: nenos e nenas 11 a 14 anos (nacidos entre 2010 e 2012)
3. MAÑÁS XUVENÍS INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos (nacidos entre 2007 e 2009)
Calendario:
- Quenda Q10: 19. 20, 21, 22 e 23 de agosto.
- Quenda Q11: 26, 27, 28, 29 e 30 de agosto.
- Quenda Q12: 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de setembro
Prezos (fin de agosto e setembro):
| NON SOCIOS | SOCIOS | ||
| Nº de Quendas | Prezo | Nº de Quenda | Prezo |
| 1 | 65€ | 1 | 52€ |
| 2 | 115€ | 2 | 90€ |
| 3 | 175€ | 3 | 135€ |
DESCONTOS
Existen descontos por maior número de quendas seleccionadas (indicados nas táboas de prezos)
Aplícanse descontos por irmáns de 5€ para non socios e de 3€ para socios á totalidade de cada bloque de actividade (xuño e xullo / 1ª quincena de agosto / fin de agosto e setembro), excluíndo quendas soltas.
As familias numerosas e monoparentais/monomarentais serán consideradas socias a efectos de cuotas.
INSCRICIÓN E FORMAS DE PAGAMENTO
- Online (Recomendado): cubrindo o noso Formulario de inscrición online
- Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 19, de luns a venres.
- Prazas limitadas e inscricións ata completar aforos en todos os programas.
Para formalizar a inscrición será necesario e imprescindible presentar a seguinte documentación:
- Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Copia do DNI do pai, nai ou titor/a
- Copia do DNI das persoas autorizadas a recoller ao/á participante
- Xustificante de pagamento de, como mínimo, a metade da cota.
- Xustificante de familia numerosa (nos casos que corresponda).
Para realizar o pagamento existen tres posibilidades:
- Ingresando no número de conta do Centro Don Bosco en Abanca ES05 2080 0300 84 3040109663 indicando no concepto o nome do/a participante.
- Accedendo á pasarela de pagamento virtual (tarxeta ou bizum)
- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
Por motivos organizativos, as baixas comunicadas despois do 24 de xuño non teñen dereito a recuperación da cota.
Ningún neno/a sen actividades: Atendendo ao noso lema becamos casos particulares sempre que sexa posible e necesario. E se algunha familia quere colaborar con nós para facer realidade esta opción, pode facelo na conta do Centro Xuvenil nº ES05 2080 0300 84 3040109663 ou entregar os donativos no propio centro.
A TER EN CONTA
Os/as socios/as son aqueles/as que participaron nalgunha das actividades do centro ao longo do curso 2023-2024 (GS Khanhiwara, Espazo Lúdico, +Q Apoio Escolar e/ou Actividade de Voleibol Xuvenil)
– En todas as actividades se realiza un descanso no que os/as participantes podan merendar, por iso os nenos e nenas deberán traer unha merenda e unha botella de auga.
– Para os/as nenos/as do grupo de pequenos que veñen este ano por primeira vez á actividade é recomendable traer o primeiro día unha muda marcada para que quede no centro.
– Todos/as os/as participantes deberán traer na súa mochila unha gorra.
– Agradecemos que a roupa dos/as nenos/as veña marcada.
Podes seguir as nosas recomendacións para acceder ao Centro Don Bosco en coche.
Os grupos por idades poden sufrir variacións en función da demanda nas inscricións.
O luns 19 de xuño ás 19:30 farase unha reunión online previa para as familias que desexen máis información ou resolver algunha dúbida. A xuntanza convocarase por correo electrónico e a participación será en modo online.

