- SOCIO/A DE NÚMERO (para deportistas)
- SOCIO/A COLABORADOR (para quien quiera apoiar o proxecto dende fora do campo)
O rugby inclusivo consiste na práctica deste deporte entre personas con e sen discapacidade. É altamente recomendable, tanto polo benestar físico e mental que conleva, como para mellorar a calidade de vida e a inclusión social das persoas con discapacidade. O rugby sempre foi un deporte integrador, e é especialmente idóneo para as personas con discapacidade, xa que a diferencia entre este e outros deportes é que o rugby sigue a filosofía de que cada persoa que xoga é necesaria, coas súas características, e todos os que o practican son útiles para o equipo.
Nosa proposta nace trala promoción do rugby inclusivo en diferentes zonas do estado. É un modelo replicable, adaptando a proposta á realidade de cada clube e da contorna comunitaria.
Quen somos?
ETL Don Bosco
Ano de fundación: 1986
Actividades do Don Bosco: programas de tempo libre educativo e de conciliación, cursos de formación, voluntariado xuvenil, grupo scout, campañas solidarias. actividades familiares
Alcance de persoas nas actividades: máis de 1.500 persoas por ano.
TUXELEIRES
Tuxeleires é un equipo de rugby inclusivo que naceu o ano 2022 como proposta do Centro Don Bosco co afán de atender ao colectivo de persoas con discapacidade. Así as cousas, Tuxeleires é un dos tres equipos de rugby inclusivo que na actualidade teñen presencia en Galicia.
O obxectivo de Tuxeleires é o de fomentar a inclusión social de persoas en situación de vulnerabilidade, con especial atención nas persoas con discapacidade a través do deporte. Na actualidade participa un grupo de 60 persoas entre as que podemos atopar homes e mulleres, maiores de 16 anos, con ou sen discapacidade. Empregamos o rugby debido aos seus valores e fomentamos a autonomía persoal do colectivo a través da toma de decisións, tanto no campo como coas decisións loxísticas do equipo.
En Tuxeleires empregamos o rugby como ferramenta de inclusión social, sendo unha vía de participación comunitaria e premando sempre a integración e a presencia nas actividades da nosa comunidade.
Ademais de rugby, desenvólvense dinámicas en outras esferas, como divulgación en centros educativos, campañas de sensibilización ou participación cultural, entre outras.
TIPOLOXÍA DE PERSOAS SOCIAS:
PERSOA SOCIA DE NÚMERO/ DEPORTISTAS
COTA POR TEMPADA DE 50 EUROS (PREFERIBLEMENTE NUN ÚNICO PAGO PERO CON OPCIÓN A 2 PAGOS DE 25)
- ASISTENCIA MÉDICA PRIVADA
- FICHA DEPORTIVA NA FEDERACIÓN GALEGA DE RUGBY
- PARTICIPAR NOS PARTIDOS E TORNEOS
- DESCONTO EN MERCHANDISING
- VOZ E VOTO NA ASEMBLEA TUXELEIRES
COTA DE 25 EUROS POR TEMPADA.
DEREITO A:
- DESCONTO EN MERCHANDISING
- PARTICIPACIÓN E VOZ NA ASEMBLEA
- PARTICIPACIÓN EN VIAXES E ACTIVIDADES DE TUXELEIRES

