A principal tarefa do noso proxecto era a de promocionar turisitcamente unha zoa rural de Romanía, algunhas cousas que fixemos foron entrevistas coa xente local, algúns artigos e de mais contido para subir a nosa paxina web. Despois tamén creamos distintas rutas de sendeirismo e recompilamos información para crear unha especie de flyers para repartir a os distintos aloxamentos nas distintas vilas para repartilos entre os turistas.
Moita da información que acadamos para o noso proxecto a presentamos nun stand informativo no principal evento que organiza a asociación na primeira semana de Agosto chamado Ruralympics. Este evento xa esta na súa 7 edición e serve para dar visibilidade a moitas actividades que a xente fai no campo e non ten o suficiente recoñecemento dentro da sociedade.
Despois fora do noso proxecto tamén traballamos creando distintos talleres para aplicar nos colexios ou librarías para os rapaces ademais de actividades mais enfocadas en rapaces mais pequenos para pasar as tardes no nosos centros xuvenís. Ademais de actividades de vez en cando tamén axudabamos en tarefas diarias de mantemento dos distintos centros e do novo proxecto, unha casa para acoller mais voluntarios .
ENTIDADE / ASOCIACIÓN: Curba de Cultura
LUGAR DE REALIZACIÓN: Izvoarele, Prahova, Rumania
DATA DE REALIZACIÓN: 19/01/2024 – 30/08/2024
VOLUNTARIO: Martín Parga

