As Tardes no Bosco están formadas por Máis Que Apoio Escolar e o Espazo Lúdico Papaventos.
Máis Que Apoio Escolar é un programa de reforzo escolar destinado a nenos e nenas de Primaria, ESO e ensino postobrigatorio, no que se favorece o estudo, axuda cas tarefas e se lle da ferramentas para a súa aprendizaxe.
E o Espazo Lúdico Papaventos é lugar onde os/as nenos/as poden disfrutar do ocio educativo, con actividades como xogo dirixido, educación en valores e tempos de xogo libre entre iguais. Buscamos unha forma lúdica de relacionarse, ampliar as súas habilidades sociais, disfrutanto dun espazo compartido.
As nosas Tardes no Bosco comezan o 11 de setembro de 2024 e son de luns a venres de 16:30 a 20:00.
Podedes inscribirvos a través Formulario Inscrición das Tardes no Bosco