Unha nova tempada comeza para Tuxeleires, o pistoletazo de saída será o vindeiro 6 de outubro ás 12H no Campo de Belvís.
Tuxeleires é un equipo de rugby inclusivo que comezou a súa actividade no ano 2022 e forma parte da Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural. O obxectivo da proposta é fomentar a inclusión social das persoas a través do deporte, e nosa ferramenta: o rugby. O rugby é un deporte de compañeirismo que conta con valores e tradicións verdadeiramente axeitados para o empoderamento dos deportistas. O terceiro tempo é para nós un espazo indispensable para mellorar como grupo, é por elo que despois de cada adestramento subimos ao Don Bosco para disfrutar desta tradición do rugby. Colaboramos con varios equipos de rugby de toda Galicia, nos xuntamos con eles para xogar partidos e torneos, permitíndonos aumentar nosa rede social.
Ademáis de rugby, desenvolvemos formacións, obradoiros, actividades de divulgación e diferentes propostas que se aliñean cos dereitos das persoas con discapacidade e/ou que melloran a realidade da nosa contorna comunitaria.
Por outra banda, este ano abrimos a campaña de persoas socias, se queres formar parte de Tuxeleires, xa sea como deportista ou aportando económicamente, accede ao seguinte formulario online
Os adestramentos celébranse os Domingos ás 12:00 no Campo de Fútbol de Belvís. Ponte en contacto co equipo a través do teléfono +34 711 70 10 30, correo electrónico tuxeleires@cxdonbosco.org ou a través de Redes Sociais @tuxeleires
Agardámoste!

