Dende a Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela comprácenos anunciar un novo curso de monitor/a de tempo libre para o periodo de primavera, dende o 1 de febreiro ao 27 de abril de 2025 en formato de fin de semana.
Requisitos
- Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
- Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria
Datas da parte teórica:
- Febreiro: 1, 2, 8, 9, 15 e 16
- Marzo: 1, 2, 8, 9, 22, 23, 29 e 30
- Abril: 5, 6, 12, 13, 26 e 27
O curso desenvolverase de forma presencial apoiado con ferramentas dixitais para a realización de tarefas e documentación.
Horarios:
- As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
Matrícula: PRAZAS CUBERTAS: INSCRICIÓN EN MODO LISTA DE ESPERA!!!!
Para realizar a inscrición hai dúas opcións:
- Cubrindo o Formulario de Inscrición Curso de Monitor/a de Tempo Libre
- Achegándose á ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela.
Para garantir a reserva da praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€. Esta cantidade reembolsaráse no caso da non realización do curso por falta de incrición mínima. Non se reembolsará cando un/ha alumno/a é baixa do curso e non o comunica cunha antelación mínima de 10 días antes do incio do mesmo.
A parte restante do pagamento deberá ser aboada antes da quinta clase do curso.
Ningunha cantidade se devolverá co curso empezado.
No momento de facer a inscrición é necesario presentar o dni e o xustificante de pagamento(no caso de facelo por transferencia).
Para realizar o pagamento existen tres posibilidades:
- Ingresando no número de conta de La Caixa ES59 2100 2186 9802 0012 5132 indicando no concepto o nome do participante.
- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
- Accedendo á pasarela de pagamento virtual (tarxeta ou bizum)
Total prazas:
- 25 alumnos
Prezo:
- 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación. Aqueles alumnos que non asistan a máis de 40 horas, perden automaticamente a matrícula, e son considerados non aptos. Todas as faltas débense xustificar.
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
*O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)
A obtención do título da dereito á solicitude de 3 créditos optativos ECTS para todas as titulacións na USC.