O curso de Director/a de Campos de Voluntariado consta de dúas fases,a fase teórico práctica e a fase de prácticas.
Requisitos:
Para realizar o curso é necesario estar en posesión do título de director de actividades de tiempo libre e ter experiencia como director do equipo de animación de, polo menos, un campamento de pernocta de 15 días, ou 150 horas.
A fase Teórico práctica
Terá unha duración de 50 horas lectivas, que non poderán desenvolverse en menos de 5 días nin en xornadas de máis de 10 horas diarias.
Avaliación:
- A asistencia: aqueles alumnos/a que deixen de asistir a máis do 20% horas, perden automaticamente a matrícula, e son considerados non aptos. As faltas débense xustificar.
- As observacións do profesorado e do coordinador do curso.
- A elaboración e entrega dos traballos esixidos polos profesores e dun caderno de traballo final, nos prazos establecidos.
En caso de non recibir ningunha notificación o remate do curso e dos prazos de entrega, quere dicir que non hai problemas e sodes aptos.
A fase de prácticas
- Realizarase unha vez rematada a fase anterior.
- Constará dun mínimo de 14 días de actividade como director dun campo de traballo en prácticas.
A fase de prácticas deberá desenvolverse nun prazo máximo de 2 anos desde o remate da fase anterior.
En caso de non ter onde poder realizala, a Escola buscará as practicas a aqueles alumnos/as que o soliciten.
Avaliación
O/A alumno/a deberá entregar:
- Previa á realización, un convenio ca entidade receptora, que describa en que van a consistir as prácticas.
- Unha vez rematada a práctica, unha memoria de elaboración propia e individual, que conteña unha síntese da experiencia nas diferentes actividades, as vosas valoracións individuais e grupais.
- Xunto coa memoria, un informe de quen exercera de director/a desa actividade.

