Xa falta pouco para as nosas Mañás de Entroido. Actividades de conciliación familiar que se levaran a cabo no centro Don Bosco nas vindeiras vacacións de Entroido.
Actividades
Haberá programas diferentes en función dos grupos de idade. As actividades desenvolveranse nas instalación, patios, canchas deportivas e zonas verdes do Centro Don Bosco e na programación contemplamos saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas as instalacións.
1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE
- Para rapazas e rapaces 4 a 8 anos (nacidos entre 2021 e 2017)
2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas 8 a 14 anos (nacidos entre 2016 e 2011)
3. MAÑÁS XUVENÍS INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos (nacidos entre 2010 e 2008)
Datas
- 3, 4 e 5 de marzo de 2025
Horarios
-
- Actividades infantís, primaria e eso e xuvenís: de 9,00 a 14,00h.
- Madrugadores: de 7,45 a 9,00h.
- Atención ao mediodía: de 14,00 a 15,00h.
Servizos
- Madrugadores: de 7.45 a 9.00 (Non serviremos almorzos).
- Atención ao mediodía: de 14:00 a 15.00 (no servizo de mediodía os nenos e nenas deberán traer a súa comida, que poderá ser quentada no microondas).
Cuotas
MAÑÁS DE ENTROIDO | ACTIVIDADES | SERVIZOS | ||
Non Socios | Socios | Madrugadores | At. mediodía | |
Actividade completa | 39 € | 32 € | 9 € | 9 € |
Días Soltos | 15 € | 12 € | 3 € | 3 € |
- Desconto por irmáns: 3€ por cada un, 2€ no caso dos socios, no total da actividade. Non aplicable a días soltos.
- Desconto de familia numerosa: Si se acredita familia numerosa ou monoparental os participantes na actividade terán consideración de socios a efecto de cuotas.
Inscrición
- Online: accedendo ao Formulario Inscrición Mañás de Entroido
- Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de luns a venres de 9:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Formalizar matrícula
Para formalizar a matrícula e reservar a praza é condición imprescindible realizar o pagamento e a entrega da documentación.
Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:
- Ingresando no número de conta do na conta da ETL Don Bosco no Banco Santader ES56 0075 8916 5206 0031 4739 indicando no concepto o nome do participante.
- Accedendo á pasarela de pagamento virtual (Bizum ou tarxeta)
- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
Documentación
A documentación necesaria será:
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a do/a participante.
- Fotocopia do DNI de todas as persoas autorizadas a recoller aos/ás participantes.
- Documento acreditativo de familia numerosa de ser o caso
- Xustificante de pagamento, no caso de facelo por transferencia bancaria
A ter en conta
Os/as socios/as son aqueles que participaron nalgunha das actividades do centro ao longo do curso 2024-2025 (GS Khanhiwara, Espazo Lúdico, +Q Apoio Escolar)
En todas as actividades se realiza un descanso no que os/as participantes podan merendar, por iso os nenos e nenas deberán traer unha merenda e unha botella de auga.
Para os nenos/as do grupo de pequenos que veñen este ano por primeira vez a actividade é recomendable traer o primeiro día unha muda para que quede no centro durante á actividade.
Agradecemos que a roupa dos/as nenos/as veña marcada.

