O Centro Don Bosco, en colaboración co Espazo de Lecer María Miramontes e o Centro Sociocultural de Fontiñas, realizará o próximo sábado 1 de marzo unha festa de Entroido polos barrios de San Pedro e Fontiñas, no que poderán participar tanto menores como adultos para disfrutar nun ambiente familiar.
A temática deste ano será a macedonia de froitas.
Os participantes percorrerán as rúas dos barrios dende o centro Don Bosco ata o centro comercial Área Central, onde se rematará cunha festa amenizada con DJ e bailes.
No caso de choiva os participantes acudirán directamente a Área Central para a celebración da festa final.
Data e horarios
- Sábado 1 de marzo de 2025.
- Comezo do percorrido ás 17:00 no centro Don Bosco.
- Remate e recollida dos/as participantes en Área Central ás 19:30 (lugar por determinar).
Inscrición
A participación no desfile é de balde, pero será preciso inscribirse no Formulario Inscrición Desfile de Entroido.
Elaboración do disfraz
Ademais, os días 27 e 28 de febreiro de 18:30 a 19:30 faremos, no centro Don Bosco, un obradoiro de complementos para acompañar o disfraz, os nenos e nenas que queiran participar nos obradoiros poderán traer roupa vella ou camiseta branca para pintar ou decorar. Calquer neno ou nena poderá participar no desfile sen vir aos obradoiros e tamén existe a posibilidade de participar con disfraces que non sexa da temática proposta.

