O Centro Don Bosco realizará durante o periodo vacacional de Semana Santa actividades infantís para nenos e nenas de 4 a 14 anos e xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos, durante as mañás 14, 15, 16 e 21 de abril de 2025. Actividades educativas apropiadas para pasar mellor as vacacións de semana santa: obradoiros, actividades musicais, xogos… en grupo e acompañados permanentemente por monitores.
ACTIVIDADES DE SEMANA SANTA
Haberá programas diferentes en función dos grupos de idade, con monitores diferentes, con espazos separados e con preferencia en actividades ao aire libre. As actividades desenvolveranse nas instalación, patios, canchas deportivas e zonas verdes do Centro Don Bosco e na programación contemplamos saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas as instalacións.
1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE
- Para rapazas e rapaces 4 a 8 anos (nacidos entre 2021 e 2017)
2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas 8 a 14 anos (nacidos entre 2016 e 2011)
3. MAÑÁS XUVENÍS INSCRÍBETE
- Actividades para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos (nacidos entre 2010 e 2008)
Datas:
- 14, 15, 16 e 21 de abril
Horarios:
- Actividades: de 9:00 a 14:00. Entradas de 9:00 a 10:00 e saídas de 13:30 a 14:00.
- Madrugadores: de 7:45 a 9:00
- Atención ao mediodía: de 14:00 a 15:00
CUOTAS
MAÑÁS DE SEMANA SANTA | ACTIVIDADES | SERVIZOS | ||
Non Socios | Socios | Madrugadores | At. mediodía | |
Actividade completa | 52 € | 42 € | 12 € | 12 € |
Días Soltos | 15 € | 11 € | 3 € | 3 € |
- Desconto por irmáns: 3€ aos non socios e de 2€ aos socios, no total da actividade (non aplicable a días soltos).
- Desconto de familia numerosa e monoparental: Si se acredita familia numerosa ou monoparental os participantes na actividade terán consideración de socios a efecto de cuotas.
SERVIZOS
Madrugadores: non serviremos almorzos, pero creamos un espazo de xogo para facilitar a conciliación familiar.
Atención ao mediodía: No servizo de mediodía os nenos e nenas deberán traer a súa comida, que poderá ser quentada no microondas.
INSCRICIÓN
- Online (Recomendado): cubrindo o noso Formulario Inscrición Mañás de Semana Santa
- Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 19, de luns a venres.
- Prazas limitadas e inscricións ata completar aforos en todos os programas.
Para formalizar a inscrición será necesario e imprescindible presentar a seguinte documentación:
- Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Copia do DNI do pai, nai ou titor
- Copia do DNI das persoas autorizadas a recoller ao participante
- Documento acreditativo de familia numerosa ou familia monoparental de ser o caso
- Xustificante de pagamento de, como mínimo, a metade da couta.
Para realizar o pagamento existen 3 posibilidades:
- Ingresando no número de conta da ETL Don Bosco no Banco Santader ES56 0075 8916 5206 0031 4739 indicando no concepto o nome do participante.
- Accedendo á pasarela de pagamento virtual (tarxeta ou bizum)
- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
A TER EN CONTA
Os/as socios/as son aqueles que participaron nalgunha das actividades do centro ao longo do curso 2024-2025 (GS Khanhiwara, Espazo Lúdico, +Q Apoio Escolar)
En todas as actividades se realiza un descanso no que os/as participantes podan merendar, por iso os nenos e nenas deberán traer unha merenda e unha botella de auga.
Para os nenos/as do grupo de pequenos que veñen este ano por primeira vez a actividade é obrigatorio traer o primeiro día unha muda para que quede no centro.
Agradecemos que a roupa dos/as nenos/as veña marcada.

