O Bosco Verán 2025 xa está en marcha! O Centro Don Bosco realizará durante todo o verán un programa completo de actividades infantís para nenos e nenas de 4 a 14 anos, e xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos.
O noso obxectivo é que os rapaces e as rapazas gocen dun tempo de lecer de calidade, cun enfoque lúdico e educativo. Queremos fomentar valores como a convivencia, o compañeirismo, o bo trato, a cooperación e a igualdade a través do xogo, dos obradoiros, da música, da expresión e das actividades deportivas.
Ofrecemos programas diferenciados segundo a idade dos participantes, cada un cun equipo de monitores propio e espazos específicos. As actividades desenvolveranse principalmente nos patios, pistas deportivas e zonas verdes do centro, incluíndo saídas ocasionais en pequenos grupos a parques ou áreas próximas ás instalacións.
O horario base das Actividades de Bosco Verán é de 9:00h a 14:10:
- A entrada dos participantes poderá facerse entre as 9:00 e as 10:00.
- A recollida será de 13:30 a 14:10.
Ofrecemos a posibilidade de ampliar horarios tanto de entrada como de saída añadindo ás actividades os seguintes servizos:
- Servizo de madrugadores de 7.45 a 9.00 (Non serviremos almorzos).
- Atención ao mediodía de 14:10 a 15.30 (Non inclúe comidas, pero os/as nenos/as poderán traer algo que poidan consumir de modo individual e que se poderá quentar no microondas).
- Atención ao mediodía extendida de 15.30 a 17.00
Descontos
(*) Existen descontos asociados ao volumen de quendas selecciondas, xa indicados nas táboas.
Aplícanse automaticamente descontos por irmáns de 5€ para non socios e de 3€ para socios á totalidade de cada bloque de actividade (xuño e xullo / 1ª quincena de agosto / fin de agosto e setembro), excluíndo quendas soltas.
As familias numerosas, monoparentais/monomarentais ou de acollida serán consideradas socias a efectos de cuotas.
Documento con breve resumo das datas, actividades, horarios, idades e prezos do Bosco Verán 2025 dispoñible para descargar en pdf
- Online (Recomendado): cubrindo o noso Formulario de inscrición online
- Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 19, de luns a venres.
- Prazas limitadas e inscricións ata completar aforos en todos os programas.
Para formalizar a inscrición será necesario e imprescindible presentar a seguinte documentación:
- Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
- Copia do DNI do pai, nai ou titor/a
- Copia do DNI das persoas autorizadas a recoller ao/á participante
- Xustificante de pagamento de, como mínimo, a metade da cota para ter reservada a praza. O resto deberá pagarse antes da finalización da actividade selecciona, priorizando o pago ao inicio de actividade.
- Xustificante de familia numerosa (nos casos que corresponda).
*Nota: para modificacións dunha inscrición xa feita ou solicitude de ampliacións contactar ao email actividades@cxdonbosco.org
Para realizar o pagamento existen tres posibilidades:
- Ingresando no número de conta do Centro Don Bosco en Abanca ES05 2080 0300 84 3040109663 indicando no concepto o nome do/a participante.
- Accedendo á pasarela de pagamento virtual (tarxeta ou bizum)
- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
Por motivos organizativos, as baixas comunicadas despois do 24 de xuño non teñen dereito a recuperación da cota.
Ningún neno/a sen actividades: Atendendo ao noso lema becamos casos particulares sempre que sexa posible e necesario.
O CAMPAMENTO URBANO, na 1ª quincena de agosto, é unha actividade aberta e de balde. As familias poden colaborar voluntariamente para sufragar os gastos (agradécese calquera contribución).
Creemos nun ocio educativo universal e inclusivo.
Se algunha familia quere colaborar con nós para facer realidade esta opción, pode facelo na conta do Centro Xuvenil nº ES05 2080 0300 84 3040109663 ou entregar os donativos no propio centro.
Os/as socios/as son aqueles/as que participaron nalgunha das actividades do centro ao longo do curso 2024-2025 (GS Khanhiwara, Espazo Lúdico, e/ou +Q Apoio Escolar)
A rapazada con diagnósticos de discapacidade/necesidades especiais, máis alá dos graos leves, deberán acudir a unha entrevista prevía á inscrición para valorar as adaptación pertinentes das actividades e recursos.
Durante a actividade é importante traer:
- En todas as actividades se realiza un descanso no que os/as participantes podan merendar, por iso os nenos e nenas deberán traer unha merenda e unha botella de auga.
- Para os/as nenos/as do grupo de pequenos que veñen este ano por primeira vez á actividade é recomendable traer o primeiro día unha muda marcada para que quede no centro.
- Todos/as os/as participantes deberán traer na súa mochila unha gorra.
- Agradecemos que a roupa dos/as nenos/as veña marcada.
Podes seguir as nosas recomendacións para acceder ao Centro Don Bosco en coche.
Os grupos por idades poden sufrir variacións en función da demanda nas inscricións.
O mércores 18 de xuño ás 20:00 farase unha reunión online previa para as familias que desexen máis información ou resolver algunha dúbida. A xuntanza convocarase por correo electrónico e a participación será en modo online.

