Lanzamos as Acampadas de cativos, maiores e xuvenís. Van a ter lugar dentro das nosas actividades de conciliación familiar que forman parte das Mañás no Bosco.
Días:
- Cativos: 3 e 4 de xullo (Nacidos/as entre 2018 e 2021)
- Maiores: 10 e 11 de xullo (Nacidos/as entre 2011 e 2017)
- Xuvenís: 17 e 18 de xullo (Nacidos/as entre 2008 e 2010)
Horarios:
- Entrada: de 9:00 a 10:00 do xoves correspondente (de 7:45 a 9:00 no caso dos madrugadores).
- Recollida: de 13:30 a 14:15 do venres correspondente (de 14:00 a 15:30 ou 17:00 no caso dos de atención ao mediodía ou mediodía extendida).
Lugar: Centro Don Bosco
ActividadesPredeportivas, obradoiros, xogos, xincanas, búsqueda do tesouro, veladas, etc.
Prezo: 30 euros
Inscrición
Cubrindo o Formulario Acampada de Mañás no Bosco con data límite para cada acampada o mércores anterior á acampada correspondente ás 14:00.
Para realizar o pagamento existen tres posibilidades:
- Ingresando no número de conta do Centro Don Bosco en Abanca ES05 2080 0300 84 3040109663 indicando no concepto o nome do participante.
- Accedendo á pasarela de pagamento virtual (tarxeta ou bizum)
- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
Cousas a traer (a ser posible que veñan co nome marcado para evitar extravíos):
- Deberán traer o xantar e a merenda de media mañá do primeiro día nunha bolsa aparte, poderá quentarse.
- Roupa cómoda (deportiva), pixama, chuvasqueiro, mudas suficientes.
- Saco de durmir e esterilla (se alguén non ten que avise o antes posible).
- Útiles de aseo persoal (cepillo de dentes, xabón, toalla de máns).
- Crema solar e gorra.
- Lanterna (opcional).
- * Para os que acudan regularmente a atención ao mediodía terán que achegarse o venres correspondente para traer a comida dese día (preferiblemente de 7:45 a 10:00)
A acampada inclúe:
Merenda da tarde e cea do primeiro día, almorzo e merenda de media mañá do segundo día do segundo día.
Horario básico
Xoves
- 9:00 – Chegada (de 7:45 a 9:00 no caso dos madrugadores)
- 10:00 – Actividades Mañás no Bosco
- 14:30 – Xantar
- 16:00 – Obradoiro
- 17:30 – Merenda
- 18:00 – Gran xogo
- 21:00 – Cea
- 22:00 – Velada nocturna
- 23:00 – Descanso/Boas Noites
Venres
- 8:00 – Espertar alegre/ Recollida mochilas
- 8:30 – Almorzo
- 10:00 – Actividades Mañás no Bosco
- 13:30 – Despedida (de 14:00 a 15:30 ou 17:00 no caso dos de atención ao mediodía ou mediodía extendida) * os que acudan regularmente a atención ao mediodía terán que achegarse o venres correspondente para traer a comida dese día (preferiblemente de 7:45 a 10:00)

