O programa Galicia Moza con ALMA é un programa de inclusión social da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dirixido ás persoas mozas máis desfavorecidas que teñen dificultades para acceder ao traballo ou á formación por diversos motivos, tanto individuais como estruturais.
O obxectivo deste programa é outorgar ferramentas ás persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) para que se integren na sociedade, accedendo a un emprego ou a unha formación.
A ETL Don Bosco a través do programa Galicia Moza con Alma ofrece ás persoas mozas:
- unha formación personalizada en habilidades e competencias para o emprego
- prácticas formativas non laborais de 3 meses de duración (de agosto a outubro de 2025) en Amarante, Portugal
O programa consta de tres fases que deben ser consecutivas:
- Fase de organización e planificación en Galicia con formación específica para preparar as mobilidades.
- Fase de mobilidade en Amarante, Portugal: realización de prácticas formativas non laborais durante 3 meses nas entidades:
- Aventura Marão Clube
- Equação, Cooperativa de Comércio Justo, Crl
- Fase de avaliación e seguimento unha vez que regresan a Galicia.
Os participantes ademais recibirán:
- Acompañamento e apoio dunha titora durante toda a mobilidade
- Viaxe de ida e volta a Amarante, Portugal
- Aloxamento e manutención
- Formación previa e posterior ás mobilidades
- Asignación mensual
As persoas persoas mozas destinatarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
→ Ter feitos os 18 anos e non superar os 30 anos.
→ Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
→ Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
→ Atoparse nalgunha das situacións de vulnerabilidade descritas a continuación:
- Persoas mozas con baixo nivel formativo (ESO ou equivalente como máximo).
- Persoas mozas desempregadas de longa duración (12 meses como mínimo).
- Estar empadroada nun concello rural.
- Persoas mozas que estean en situación ou risco de exclusión social conforme ao establecido no artigo 3.1 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia:
-
Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas.
-
Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de substancias adictivas ou de calquera outra adicción que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante.
-
Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero.
-
Ser unha persoa vítima de violencia doméstica.
-
Ter unha discapacidade valorada superior ao 33 %.
-
Ser inmigrante ou emigrante retornado.
-
Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.
-
Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaria.
-
Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda.
-
Pertencer a unha minoría étnica.
-
Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas.
-
Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual.
-
Calquera outro factor non previsto expresamente neste artigo sempre que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familiar e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral. Esta ponderación poderá ser tamén obxecto de avaliación por parte dos técnicos da Comunidade Autónoma.
Para participar no progrma Galicia Moza con Alma a través da ETL Don Bosco é preciso, ademais de estar rexistrado no Servizo Nacional de Garantía Xuvenil, será preciso cubrir o formulario de solicitude online


