Como xa é habitual nas primeiras semanas de agosto no Centro Don Bosco realizamos o Campamento Urbano. Este ano observaremos a nosa cidade en detalle e con lupa.
1. CAMPAMENTO URBANO INFANTIL:
- Para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos (nacidos entre o 2010 e 2016) INSCRÍBETE
2. CAMPAMENTO URBANO XUVENIL:
- Para mozas e mozos de 14 a 17 anos (nacidos entre o 2008 e 2010) INSCRÍBETE
A continuación indicamos os horarios das actividades:
Horario:
9:00 Chegada participantes
10:00 Bos días e presentación da xornada
10:15 1ª parte da actividade
11:30 Pausa para merendar
12:00 2ª parte da actividade
13:30 Saída
14:00 Fin da actividade
*Os días de excursións o horario será de 9:00 a 20:00 e será imprescindible a puntualidade
Calendario:
- Día 4 (luns): Visita ao Concello
- Día 5 (martes): Visita ás Piscinas de Sar (Pendentes da climatoloxía)
- Día 6 (mércores): Universidade de Santiago
- Día 7 (xoves): Xuntanza Campamentos Urbanos (Praia de Cabanas) EXCURSIÓN
- Día 8 (venres): Alameda e as súas historias
- Día 11 (luns): Rúas, portas e chemineas
- Día 12 (martes): Excursión a Porto do Son EXCURSIÓN
- Día 13 (mércores): Gargolas e estatuas
- Día 14 (xoves): Visita ás Piscinas de Sar (Pendentes da climatoloxía)
*A programación poderá sufrir modificacións debido as inclemencias meteorolóxicas
Prezo:
É unha actividade aberta e de balde na que as familias poden colaborar libre e voluntariamente para sufragar os gastos (agradecemos calquera colaboración).
Os servizos de Madrugadores, Atención ao Mediodía e Atención ao Mediodía extendido manteñen as características mencionadas en Bosco Verán 2025.
Inscrición
Ata cubrir prazas no Formulario de inscrición
Para ás excursións será obrigatorio apuntarse, sendo a data límite o día previo a cada excursión ás 14:30.

