No Centro Don Bosco poñemos en marcha unha nova proposta deportiva! A partir deste curso, ofrecemos Iniciación ao Hockey en Patíns, unha oportunidade para que nenos e nenas descubran e gocen deste apaixonante deporte nun ambiente divertido e educativo.
- Cando: todos os mércores de 18:00 a 19:00
- Idades: de 6 a 12 anos
Ademais, convidámoste á nosa Xornada de Portas Abertas:
- Mércores 24 de setembro de 18:00 a 19:00
Unha ocasión perfecta para probar a actividade sen compromiso e coñecer ao equipo de adestradores.
Non tes material? Non pasa nada! Nós prestamoscho. Só tes que indicalo no formulario de inscrición para poder preparalo con antelación.
Non perdas a oportunidade de comezar a rodar sobre patíns e descubrir un deporte cheo de velocidade, compañeirismo e diversión.
A participación é gratuita pero é preciso realizar a inscrición a través do formulario web.

