O Grupo Scout Khanhiwara é unha das actividades que se ofertan dentro do Centro Xuvenil Don Bosco.
O grupo vai comenzar un novo curso e quere darse a coñener a quen poida estar interesado/a en descubrir o escutismo e a súa proposta de actividades de tempo libre. De maneira habitual xúntanse os sábados de 12 a 14 e este curso empezarán a súa actividade regular o 18 de outubro.
Na fin de semana do 10 ao 12 de outubro fará unha ACAMPADA ABERTA de inicio de curso na que poden participar todos os rapaces e rapazas nados entre os anos 2008 e 2020 e que queiran probar e coñecer o grupo.
Lugar: Centro Scout Abeiro situado na parroquia de Figueiras en Santiago de Compostela. Horario: a acampada emezará o venres 10 ás 18.00 e finalizará o domingo 12 ás 17.00
Os interesados/as en participar nesta acampada aberta ou en recibir máis información poden inscribirse no seguinte formulario. A data límite é o 4 de outubro. Prazas completas.
Custe da acampada aberta 5€. Inclúe todas as comidas excepto a cea do primeiro día que haberá que levala.
Adxuntámos un tríptico informativo onde podedes atopar máis información sobre o grupo, as súas actividades e sobre as idades dos rapaces e rapazas que participan.
Esperámosvos!

