IMPORTANTE: TORNEO APRAZADO E PENDENTE DE NOVAS DATAS
O Concello de Santiago a través do Departamento de Mocidade organiza os días 22 e 23 de novembro de 2025 a “Copa Dobre Xogo”: torneo de fútbol sala e futbolín para mozos e mozas entre 14 e 30 anos.
A través desta iniciativa o Concello da resposta á demanda da mocidade na convocatoria dos Orzamentos Participativos do presente ano 2025 e desenvolverá a proposta na pista cuberta do Centro Don Bosco.
A iniciativa ten como principal obxectivo dar resposta ás demandas da mocidade santiaguesa e fomentar hábitos de vida saudable a través da práctica deportiva. Proposta dende unha visión 360, na Copa Dobre Xogo a participación vai máís ala da competición; é unha experiencia. Unha fin de semana no que deporte, música e lecer toman o protagonismo para coñecer xente e pasar tempo de calidade.
Debes saber que primará o bo ambiente e a deportividade por riba de calquera tipo de rivalidade, falta de respecto ou calquera conduta irresponsable cun mesmo ou cos demais, co fin de que a Copa sexa unha experiencia positiva para todas as persoas participantes.
O campionato de fútbol sala seguirá o seguinte sistema de competición:
- Sábado 22 e domingo 23 de novembro (De 9.00 a 22:00 horas)
- Fútbol sala 5×5 xugadores ou xogadoras.
- Dúas categorías: masculino e feminino nun único rango de idade: 14 a 30 anos.
- Equipos cun mínimo 8 xogadores ou xogadoras e máximo 12.
- Organización:
- Fase de grupos.
- Eliminatorias finais.
- Reglamento oficial da Federación Galega con adaptacións:
- Tempo corrido
- Sen tempo morto.
- Substitucións libres.
- Saque co pé.
- Árbitros experimentados.
- Equipacións:
- Cada equipo coa súa equipación. A organización pode facilitar petos.
- O equipo visitante con peto se coincide a cor.
- A inscrición é de balde e o prazo remata o 17 de novembro. Prazas limitadas por orde de entrada:
- Formulario de inscrición Torneo de Fútsal
- Premios por categoría:
- Equipo vencedor: Experiencia rafting polo Ulla + 30 € cheque material deportivo por participante.
- Subcampión: 30 euros en chegue regalo material deportivo por participante
O Campionato de futbolín seguirá o seguinte sistema de competición:
- Sábado, 22 de novembro (De 9.00 a 22:00 horas)
- Parellas masculinas, femeninas ou mixtas.
- Categoría única entre 16 e 30 anos.
- Cuadrante a dobre K.O (mínimo dous partidos).
- Cheque regalo para compra de material deportivo.
- A inscrición é de balde e o prazo remata o 17 de novembro. Prazas limitadas por orde de entrada.
- Formulario de inscrición Torneo de Futbolín
- Premios
- Equipo vencedor: 50 € cheque regalo material deportivo por participante.
- Subcampión: 30 euros en chegue regalo material deportivo por participante

