Un ano máis lanzamos a Operación Quilo. Unha campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene que se fai en toda Galicia, e que está coordinada polos diferentes centros xuvenís salesianos.
Este proxecto organízase a través da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco en Galicia, e está presente nas principais cidades galegas a dende os centros: Abeiro (A Coruña), Abertal (Vigo), Amencer (Ourense), Ateibo (Lugo) e Don Bosco (Santiago de Compostela).
Todo o recadado por parte do Centro Don Bosco irá para as entidades locais: Cáritas Parroquial de San Pedro, Cáritas Parroquial de Fontiñas, Asociación Arela, Centro da Muller Vagalume e o Cottolengo, e facilitar así o seu traballo cas persoas que máis o necesitan.
Esta campaña leva existindo en Santiago de Compostela dende o ano 1986, e gracias a ela conseguimos que estas datas sexan un pouco máis levadeiras para todas esas persoas en risco de exclusión social.
O importante desta campaña son as persoas, pero non só aquelas que necesitan axuda, porque esta operación non sería posible sen todas esos/as voluntarios/as que nos axudan nos diferentes frentes.
Se queres unirte á Operación Quilo, non tes máis que decidir de que forma poderías facelo:
-
- Sendo Quiloborador. Envía un email a bml@cxdonbosco.org e levaremos unha caixa ao teu espazo para que as persoas poidan ir a donar, uha vez chea ou cando remate a campaña pasaremos a recollela.
- Axudando na recollida. Podes unirte mandando un correo a bml@cxdonbosco.org.
- Doando algún alimento ou producto de hixiene.
Se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto con nós a través do correo: bml@cxdonbosco.org ou no teléfono: 981582243 e estaremos encantados/as de falar contigo.
Esperamos que un ano máis todos/as nos botedes unha man para axudar a todas esas persoas que máis o necesitan, porque entre todos/as podemos cambiar a realidade dos nosos barrios!
Únete e colabora!

