Por terceiro ano consecutivo temos Torneo Solidario de Voleibol no Don Bosco. Con motivo da Operación Quilo deste nadal, realizaremos unha competición amistosa na pista do centro. Será o día 13 de Decembro pola mañá e para participar so haberá que traer un quilo de productos alimentarios ou de hixiene non perecedeiros por persoa.
É necesaria a inscripción previa, existindo dúas opcións:
- Inscripción por equipos: pídese unha persona responsable (capitán/capitá) para o equipo que será a referencia tanto no torneo cómo nos días previos.
- Inscripción individual: Crearemos nos equipos con toda a xente que se apunte deste xeito.
Tedes ata o día martes 8 de decembro para apuntarvos.
Vemonos na pista!
Data e horario
- Sábado 13 de decembro de 2025 pola mañá(horario por determinar)
Inscrición
- Individual ou por equipo (idade mínima 18 anos)
- Aportar un quilo por participante de alimentos non perecedeiros ou productos de hixiene (no mesmo día do Torneo)
- Cubrir o formulario de inscrición (data límite o martes 17 de decembro)

