Comunicamos a realización dun novo curso de monitor/a de tempo libre que será organizado por “Ayuda en Acción” e impartido pola Escola de Tempo Libre Don Bosco na cidade de A Coruña dende comezos de febreiro ata finais de marzo de 2026.
Requisitos
- Ter entre 18 e 29 anos ao inicio do curso
- Non estar realizando formación reglada nin con contrato laboral.
Datas:
- Febreiro: 18*, 19, 20, 23, 24*, 25, 26 e 27.
- Marzo: 2, 3*, 4, 5, 6, 9, 10*, 11, 13*, 16, 17*, 18, 20**, 21**, 23 , 24*, 25, 26 e 27.
- 20 horas de formación online de libre disposición
Horarios(total de 200 horas teóricas):
- de 9:00 a 14:00 (100 horas)
- (* as datas marcadas con *) de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 (60 horas)
- (** as datas marcadas con **) Para a asignatura de técnicas de acampada, o 20 de marzo dende as 9:00 ata o 21 de marzo as 14:00.
O curso desenvolverase de forma presencial apoiado con ferramentas dixitais para a realización de tarefas e documentación.
Matrícula:
Para realizar a inscrición hai dúas opcións:
- Cubrindo o Formulario de Inscrición Curso de Monitor/a de Tempo Libre
- Achegándose á ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela.
Total prazas:
- 25 alumnos
Prezo:
- Formación gratuíta.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación. Aqueles alumnos que non asistan a máis de 40 horas, perden automaticamente a posibilidade de certificarse, e son considerados non aptos. Todas as faltas débense xustificar.
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
*O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)
A obtención do título da dereito á solicitude de 3 créditos optativos ECTS para todas as titulacións na USC.

