Dende comezos deste ano 2026 integramos dentro das nosas actividades o Programa “Tardes con Plan”.
“Tardes con Plan” é unha proposta impulsada polo Ministerio de Sanidade na que ofrecemos unha alternativa de ocio saudable tanto a través de actividades deportivas como a través de ocio educativo co que traballamos a promoción de hábitos saudables en alimentación, descanso, actividade física e benestar emocional
Realizaremos dous tipos de actividades cos nenos, nenas e adolescentes:
- Actividades estruturadas: Realizaremos talleres semanais na que a través de xogos e dinámicas aprenderemos e poñeremos en práctica hábitos saudables en sesións de 1h/semana. Ademais, ofrecer unha sesión mensual para familias, creando un espazo no que poñer en común, debatir e formarnos sobre hábitos saudables que implantar na vida familiar.
- Espazos autoxestionados: Espazos de libre uso acompañados de profesionais que promovan o xogo entre iguais. Espazos de lectura, xogos de mesa, manualidades e creación, espazos deportivos etc.
GRUPOS
- G1(13 a 17 anos): Viernes de 17 a 18h
- G2(11 a 13 anos): Martes de 17 a 18h
- G3(8 a 11 anos): Martes de 18 a 19h
- G4(6 a 10 anos): Xóves de 18:30 a 19:30
- G5(6 a 11 anos): Mércores de 18:00 a 19:00
- G6(14 a 16 anos): Xóves de 18:30 a 19:30
ESPAZOS AUTOXESTIONADOS
- Horto: Luns de 18:30 a 19:30
- Ludoteca: Martes de 17:00 a 18:00 e Xoves de 18:30 a 19:30
- Pista: Martes de 18:00 a 19:00 e Venres de 18:00 a 19:00
- Xogos de mesa: Mércores de 18:30 a 19:30 e Venres de 17:00 a 18:00
Para participar neste programa gratuíto só precisas cubrir o formulario de inscrición..
Para máis información pódese enviar un correo a marta.dra@cxdonbosco.org.
Tardes con Plan é unha proposta realizada en colaboración co Ministerio de Sanidade dentro da Plan Estratéxico Nacional de prevención da obesidade infantil e cofinanciada polo FSE+.

