Nas primeiras semanas de agosto no Centro Don Bosco realizamos o noso Campamento Urbano. Nesta edición trataremos de entender as consecuencias dun posible colapso climático no planeta.
1. CAMPAMENTO URBANO INFANTIL:
- Para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos (nacidos entre o 2012 e 2017) INSCRÍBETE
2. CAMPAMENTO URBANO XUVENIL:
- Para mozas e mozos de 14 a 17 anos (nacidos entre o 2009 e 2011) INSCRÍBETE
A continuación indicamos os horarios das actividades:
Horario:
9:00 Chegada participantes
10:00 Bos días e presentación da xornada
10:15 1ª parte da actividade
11:30 Pausa para merendar
12:00 2ª parte da actividade
13:30 Saída
14:00 Fin da actividade
*Os días de excursións o horario será de 8:30 a 20:00 e será imprescindible a puntualidade
Calendario:
- Día 3 (luns): Inicia a aventura. Visita ao Concello
- Día 4 (martes): Carreira polos últimos recursos
- Día 5 (mércores): A proba das faccións
- Día 6 (xoves): Xuntanza Campamentos Urbanos (Samil) EXCURSIÓN
- Día 7 (venres): Visita ás Piscinas de Sar (Pendentes da climatoloxía)
- Día 10 (luns): Laboratorio do novo mundo
- Día 11 (martes): Adestramento final
- Día 12 (mércores): Excursión a Vilagarcía e visionado do eclipse EXCURSIÓN (información e inscrición)
- Día 13 (xoves): O Desafío dos Supervivintes
- Día 14 (venres): Visita ás Piscinas de Sar (Pendentes da climatoloxía)
*A programación poderá sufrir modificacións debido as inclemencias meteorolóxicas
Prezo:
É unha actividade aberta e de balde na que as familias poden colaborar libre e voluntariamente para sufragar os gastos (agradecemos calquera colaboración).
Os servizos de Madrugadores, Atención ao Mediodía e Atención ao Mediodía extendido manteñen as características mencionadas en Bosco Verán 2026.
Inscrición
Ata cubrir prazas no Formulario de inscrición
Para ás excursións será obrigatorio apuntarse, sendo a data límite o día previo a cada excursión ás 14:30.

