O Xoves 6 de Agosto O CAMPAMENTO URBANO terá a excursión á Praia de Samil, Para a Xuntanza de Campamentos Urbanos de Galicia, os nenos e nenas participantes deberán estar no Centro Don Bosco entre as 8:30 e as 9.00h da mañá e a recollida será no mesmo Centro Don Bosco. A recollida será de 19.30 a 20.00.
É IMPRENSCINDIBLE SER PUNTUAL.
É necesario que leven:
- Roupa de baño
- Toalla
- Calzado cómodo e un calzado para meterse na praia
- Muda
- Crema solar
- Gorra
- Merenda de media maña nunha bolsa ou mochila pequena separada do resto de comida
- Comida
- Merenda de media tarde
- Auga para beber
Os rapaces e rapazas NON poderán levar á excursión materiais para o xogo nin cartos.
Os nenos e nenas que non participen da excursión non poderán vir ao centro ese día xa que o Campamento Urbano non ten outra actividade programada para ese día. Os nenos/as que non traían o necesario non poderán subir ao autobús.
A data límite para realizar a inscrición é o mércores 5 ás 14.30 horas.
Para realizar a INSCRICIÓN OBRIGATORIA podes acceder ao formulario online ou achegarte polas oficinas do centro.

