Por un lado, destaca o acompañamento e apoio aos usuarios do centro (adultos con discapacidade) no seu día a día. Dende axudarlles coa alimentación, ata saír pasear con eles e animalos a realizar distintas actividades para manter e potenciar as súas habilidades (crebacabezas, xogos sensoriais, xogos de mesa, cociña, uso dun proxector con distintos minixogos, práctica do deporte coñecido como “Boccia”, etc.). En canto á comunicación con eles, foi clave o uso de pictogramas.
Por outro lado, levei a cabo o que bautizamos como “Spanish and Galician breaks” para os traballadores do centro. Cociñei comida típica da nosa terra e acompañeina dalgunha pequena presentación ou simplemente información sobre a nosa cultura.
Ademais, fun guía doutras voluntarias que tiveron a curiosidade de coñecer o noso centro por un día, e eu mesma visitei outros centros de voluntariado onde puiden levar a cabo actividades e coñecer outras realidades.
Por último, deixei a miña pegada no centro, e pequena axuda para os futuros voluntarios, a través da elaboración dun álbum de fotografías onde describín a miña experiencia en TERK. Con ese álbum tamén pretendía crear unha tradición no centro, pois sería entregado aos futuros voluntarios para que puidesen facer a súa aportación.
ENTIDADE / ASOCIACIÓN: Tallinna Erihoolekande- ja Rehabilitatsiooniteenuste Keskus (TERK) / noOR MTÜ
TÍTULO DO PROXECTO: Shared Paths
LUGAR DE REALIZACIÓN: Tallinn, Estonia
DATA DE REALIZACIÓN: 05/09/2025 – 31/07/2026
VOLUNTARIO: Uxía Pérez López

