O mércores 12 de Agosto O CAMPAMENTO URBANO (nacidos entre 2009 e 2017) terá a excursión á Praia de Vilagarcía. Os nenos e nenas participantes deberán estar no Centro Don Bosco ás 8:30 e as 9.00h da mañá e a recollida será no mesmo Centro Don Bosco das 19.30 a 20.00.
É IMPRENSCINDIBLE SER PUNTUAL.
É necesario que leven:
- Roupa de baño
- Toalla
- Calzado cómodo e un calzado para meterse na praia
- Muda
- Crema solar posta
- Gorra
- Merenda de media maña nunha bolsa ou mochila pequena separada do resto de comida
- Comida
- Merenda de media tarde
- Auga para beber
Os rapaces e rapazas NON poderán levar á excursión materiais para o xogo nin cartos.
Os nenos e nenas que non participen da excursión non poderán vir o centro ese día xa que o Campamento Urbano non ten outra actividade programada para ese día. Se non traen as cousas necesarias para a excursión non poderán subir ao autobús.
A data límite para realizar a inscrición é o mércores 11 ás 14.30 horas.
Para realizar a INSCRICIÓN OBRIGATORIA podes acceder ao formulario online ou achegarte polas oficinas do centro.
POSIBILIDADE DE VER O ECLIPSE NO CENTRO DON BOSCO
Ao rematar a excursión, os participantes terán a posibilidade de ver o eclipse solar dende o Centro Don Bosco e se queren poderán estar acompañados polas súas familias. Para iso é imprescindible anotarse no formulario e ter en conta que nas inmediacións do centro non se pode deixar o coche en espazos de tempo prolongados. A hora límite para recoller os rapaces e rapazas que se queden será ás 21.15.

