Despois da boa acollida durante o curso pasado, no Centro Don Bosco continuamos coa proposta deportiva de Iniciación ao Hockey en Patíns, unha oportunidade para que nenos e nenas descubran e gocen deste apaixonante deporte nun ambiente divertido e educativo.
- Cando: todos os mércores de 18:00 a 19:00
- Idades: de 6 a 13 anos (nacidos entre 2013 e 2020 ambos inclídos)
Comezaremos este Mércores 7 de outubro de 18:00 a 19:00.
Non tes material? Non pasa nada! Nós prestamoscho. Só tes que indicalo no formulario de inscrición para poder preparalo con antelación.
Non perdas a oportunidade de comezar a rodar sobre patíns e descubrir un deporte cheo de velocidade, compañeirismo e diversión.
A participación é gratuita pero é preciso realizar a inscrición a través do formulario web.

