TUXELEIRES

Tuxeleires é un proxecto da Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco. A intencionalidade deste proxecto é ofertar un espacio de participación inclusiva plena, e para iso emprega o rugby como ferramenta habilitadora deste espacio inclusivo. Na equipa participan persoas con e sen discapacidade, homes e mulleres; toda persoa é benvida.
As actividades están dirixidas para que a participación sexa plena, contando cos apoios necesarios e promovendo a implicación de toda a xente. A toma de decisións é o exe para que o aprendido no rugby poida servir na vida, promovendo sempre a autonomía persoal das persoas participantes.
O equipo naceu a tempada 2022-2023 e grazas á colaboración da Federación Galega de Rugby tivemos a oportunidade de inscribirnos nesta federación e participar nas diferentes posibiidades que habilita.
Promovemos a creación doutras propostas de rugby inclusivo co resto de clubes da Federación e intentamos apoiar calquera iniciativa que vai xurdindo na comunidade. Así mesmo, facemos divulgación en centros educativos e axestes culturais e educativas da nosa área de impacto.
Se estás interesado en participar ou propoñer algunha actividade, podes poñerte en contacto a través do mail tuxeleires@cxdonbosco.org ou polo teléfono de contacto do clube 747 47 95 07.
SE NON XOGAMOS TODXS, PINCHAMOS O BALÓN!







