SOLICITUDE DE TÍTULOS
Para a realización das prácticas do cursos de monitor/a, director/a e director/a de campos de traballo é preciso realizar dar os seguintes pasos antes do comezo das mesmas.
4º
SUBE a documentación ao formulario
Documentación a presentar:
- Memoria das prácticas
- Certificado de fin de prácticas firmado polo titor/a das mesmas e co selo da entidade onde se realizaron. Tamén pode estar validado coa firma dixital.
- Modelo 730 ou 731 de pago da taxa correspondente.
5º
Espera á COMUNICACIÓN da ETL
A escola procederá á tramitación do título, unha vez se reciba a petición de expedición exclusivamente a través do formulario web con toda a documentación precisa adxunta.
A Xunta de Galicia é a responsable da emisión do título. Mentres dura este trámite, a Escola de Tempo Libre poderá expedir, a petición do/a interesado/a, un certificado de ter superado o curso. O certificado se enviará en pdf por correo electrónico. O alumno/a poderá pasar a recoller o orixinal nas instalación da escola ou poderá solicitar que se lle remita asumindo os gastos de envío.
Cando a Escola reciba o título emitido pola Xunta, enviará un correo electrónico para avisar. O/A alumno/a poderá pasar a recoller o orixinal nas instalación da escola ou poderá solicitar que se lle envíe asumindo os gastos de envío.
Este mesmo procedemento vale para solicitar o duplicado dun título xa expedido.