No Centro Don Bosco realizase o programa de apoio escolar destinado a escolares de Primaria, ESO e Ensino postobrigatorio. O programa, que funcionará de 16.30 a 20.00, de luns a venres inclúe:
Sesións de Reforzo Escolar nas disitintas áreas académicas en grupos reducidos e homoxéneos, cun máximo de 6 persoas, con personal titulado en pedagoxía ou psicopedagoxía. Todos os días de luns a venres de 16.30 a 20.00. Programas de 2, 3, 4 ou 5 horas semanais.
Espazo aberto de aprendizaxe e estudo asistido con monitores pensado para estudo persoal e realización de tarefas escolares, con material de consulta: libros e posibilidade de busca en Internet. Todos os días de luns a venres de 17.00 a 20.00. Programas de 5 horas semanais.
Curso de Técnicas de Estudo, para un máximo de 10 alumnos de ESO por grupo, pensado para que desenvolvan a súa propia estratexia de estudo tras coñecer e traballar diversas metodoloxías. O horario establecerase en función da demanda.
Programa de Necesidades Específicas de Apoio Educativo, dirixido especialmente a rapaces e rapazas con dificultades na aprendizaxe, en sesións individuais ou de grupos moi reducidos, cun máximo de 3 participantes e con personal titulado en pedagoxía ou psicopedagoxía. O horario establecerase en función da demanda.
Actividades en lingua estranxeira para todalas idades. Obradoiros en inglés para os maís pequenos e grupos de conversas en inglés para adolescentes e adultos.
Programa de Asesoramento Familiar para pais,nais ou titores co obxectivo de reforzar e mellorar o seu papel no proceso de aprendizaxe dos nenos e nenas. O horario establecerase en función da demanda.
Os programas pódense coller xuntos ou por separado. O prezo se establece en función dos programas elixidos, segundo a táboa que está a continuación:
PROGRAMA DE REFORZO ESCOLAR |
PREZO MES |
PREZO MES |
PREZO MES |
|
PRIMARIA |
ESO |
POST-OBRIGATORIA |
2 horas semana + 5 horas en espazo aberto |
50 |
60 |
75 |
3 horas semana + 5 horas en espazo aberto |
60 |
75 |
85 |
4 horas semana + 5 horas en espazo aberto |
70 |
85 |
100 |
5 horas semana + 5 horas en espazo aberto |
85 |
100 |
115 |
|
|
|
|
ESPAZO ABERTO |
|
|
|
5 horas semanais |
30 |
30 |
30 |
|
|
|
|
TÉCNICAS DE ESTUDO CURSO DE 10 HORAS |
MATRÍCULA |
|
|
Alumnos/as do programa de reforzo |
80 |
|
|
Resto |
100 |
|
|
|
|
|
|
NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO |
PREZO |
|
|
Unha sesión individual |
25 |
|
|
Unha sesión grupal, máximo de 4 participantes |
15 |
|
|
|
|
|
|
ACTIVIDADE EN INGLÉS |
PREZO MES |
|
|
Obradoiros para peques |
20* |
|
|
Grupo de conversas |
25 |
|
|
*Non inclúe os gastos de materiais para a realización dos obradoiros
De forma complementaria e gratuíta para os inscritos no programa ofrécese:
A inscripción no programa tamén se poderá realizar on-line no seguinte enlace: Formulario Inscrición
Para máis información e para inscribirse, a responsable do programa atenderá persoalmente nas oficininas do centro Don Bosco polas tardes de martes a venres de 16.30 a 20 horas.
Centro Don Bosco - Santiago de Compostela - Aviso legal