A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela convoca un novo curso de monitor/a de tempo libre para os vindeiros meses de xuño e xullo de forma intensiva
Requisitos
- Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
- Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria
Datas da parte teórica:
- Xuño: 25, 26, 29, 30
- Xullo: 1, 2, 3, 4, 6, 7, 11, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 20, 21, 22
Horarios:
Esta nova situación que estamos a vivir fai que esteamos con cambios constantes, por iso vémonos na obriga de adaptarnos facendo unha parte online e outra presencial.
A parte presencial será todas as tardes e ademais as mañás do 4, 11 e 18 de xullo en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
A parte online realizarase nas restantes mañás.
O comezo do curso será o 25 de xuño ás 16:00.
Matrícula: ATENCIÓN: plazas completas insctrición só dispoñible para LISTA DE ESPERA
Para realizar a inscrición hai dúas opcións:
- Cubrindo o Formulario Curso Monitor/a de Tempo Libre
- Achegándose á ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela.
Para garantir a reserva da praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€. Esta cantidade se reembolsará no caso da non realización do curso.
No momento de facer a inscrición é necesario presentar o dni, o xustificante de pagamento(no caso de facelo por transferencia) e foto actual.
Forma de pago desactivada
Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:
- Ingresando no número de conta de La Caixa ES59 2100 2186 9802 0012 5132 indicando no concepto o nome do participante.
- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
Total prazas:
- 25 alumnos
Prezo:
- 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
*O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)
A participación no curso da dereito a solicitude de 3 créditos optativos ECTS para todas as titulacións na USC.
Respetaremos todas as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias para que o curso sexa completamente seguro.
Listado de asignaturas impartidas no curso:
- Animación ao Teatro
- Animación musical
- Contextos de Intervención
- Dinámicas de Grupo
- Diversidade no Tempo Libre
- Educación en Valores
- Educación para a Saúde
- Fundamentos metodolóxicos
- Igualdade
- Lexislación
- Manualidades
- Medioambiente
- Predeportivos
- Primeiros Auxilios
- Psicoloxía
- Socioloxía
- STEM
- Técnicas de acampada
- Xogos