A Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco realizará no vindeiro meses de outubro e novembro un novo curso de Director/a de Campos de Traballo en modalidade mixta (presencial e online).
Requisitos
- Estar en posesión do título de director/a de actividades de tempo libre e ter experiencia como director/a do equipo de animación de alomenos, nun campamento de 15 días.
Datas
-
As 50 horas do curso se realizaránse entre o 23 de outubro e o 7 de novembro
- As sesións presenciais serán os días: 24 e 25 de outubro e o 7 de novembro de 2020
Horarios
- As sesións presenciais serán en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00
- O inicio do curso será o venres 23 ás 16:00
Matrícula
Para realizar a inscrición do curso xa está dispoñible o Formulario Inscrición Curso Director Campos de Traballo
Tamén é posible realizar a inscrición nas instalacións da propia Escola(rúa Belvís, 2, Santiago de Compostela).
Para garantir a reserva da praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€. Esta cantidade se reembolsará no caso da non realización do curso.
Para realizar o pagamento poderase:
- Ingresar no número de conta de La Caixa ES59 2100 2186 9802 0012 5132 indicando no concepto o nome do participante.
- Facer o pago en efectivo ou con tarxeta nas instalacións da Escola(rúa Belvís, 2, Santiago de Compostela).
Total prazas
- 25 alumnos
Prezo
- 200€ .Tasas de expedición de título non incluídas.
Prácticas
14 días de prácticas nun campo de traballo (tras superar a parte teórica).
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.
Programa do Curso
1. Características xerais que definen un campo de traballo como marco de relación e comunicación para os /as participantes.
2. As administracións e as entidades organizadoras. Acordos de cooperación.
3. Tipoloxías de campos de traballo e aprendizaxe:
3.1. Patrimonio arquitectónico.
3.2. Arqueoloxía.
3.3. Protección da natureza.
3.4. Acción comunitaria.
3.5. Coñecementos sobre o país ou comunidade.
3.6. Outros (técnicas específicas. Agricultura, gandería e pesca).
4. O traballo técnico. Horarios, recursos, material ferramentas de traballo. Material específico.
5. Persoal e tarefas.
5.1. Equipo de monitores (director, monitor, cociña).
5.2. O equipo técnico.
6. O aloxamento.
7. Os/as participantes e as súas necesidades.
7.1. Funcionamento diario, marco normativo, de convivencia e práctico.
7.2. Actividades alternativas e complementarias.
8. Seguro de accidentes e responsabilidade civil.
9. Criterios de selección das diferentes propostas:
9.1. Traballo adecuado ós rapaces e que lles sexa gratificante.
9.2. Interese que demostra a entidade que propón o campo de traballo. Quendas.
9.3. Existencia ou non dun proxecto global onde se inclúa o campo.
9.4. Dispoñibilidade de infraestructuras adecuadas para o campo.