A Escola de Tempo Libre Don Bosco realizará un curso de Director/a de actividades de Tempo Libre en Santiago de Compostela dende decembro de 2020 a xaneiro de 2021. A continuación indícanse as características do mesmo:
Requisitos
Estar en posesión do título de monitor de actividades de tempo libre.
Acreditar unha experiencia de traballo como monitor/a no campo da educación/animación no tempo libre de, coma mínimo, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.
Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.
Datas da parte teórica:
- 26 de decembro: Presencial en Vedra.
- 28, 29, 30 de decembro; 4, 5 e 7 de xaneiro: Formación en liña.
- 19, 20, 27, 28 e 29 de marzo: Presencial no Centro Xuvenil Don Bosco.
- 30 e 31 de marzo; 10 de abril: Presencial en Vedra.
Horarios:
- As sesións presenciais serán se imparta todo o día de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
- As sesións online impartiranse cos seguintes criterios:
- Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria
- Traballos e tarefas na aula virtual
Matrícula:
Para realizar a inscrición do curso xa está dispoñible o Formulario de Inscrición
Tamén é posible realizar a inscrición nas instalacións da propia Escola(rúa Belvís, 2, Santiago de Compostela).
Para garantir a reserva da súa praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€. Esta cantidade se reembolsará no caso da non realización do curso.
Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:
1- Ingresando no número de conta de La Caixa ES59 2100 2186 9802 0012 5132 indicando no concepto o nome do participante.
2- Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela, en efectivo ou tarxeta.
Total prazas:
- 25 alumnos
Prezo:
- 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 150 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.
Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.